Compartindo vida, sumando experiencias.

Compartindo vida, sumando experiencias.

Como xa é costume, dende finais do mes de septembro no centro de acollida, realizamos o grupo de mulleres destinado ao acercamento de diferentes culturas procedentes de Siria, Afganistán e a nosa propia, España. Para nós, é moi importante modificar os espazos de traballo en función das necesidades das personas coas que traballamos. Nesta ocasión, nun destes encontros as mulleres falaron sobre as reunións que facían nos seus países de orixe. Neste caso, o té é unha práctica moi frecuente que permite crear un espazo de maior confianza, informalidade e cercanía. Así, dende hoxe mesmo incorporamos esta parte da súa cultura ao grupo de mulleres. Ademáis, grazas a unha donación especial dunha tetera típica de Afganistán, conseguimos achegarnos un pouquiño máis a un entorno no que as mulleres se sentisen máis preto dos seus fogares. Este espazo permítenos achegarnos máis as costumes das familias que temos no centro de acollida e máis concretamenta a forma de vida destas mulleres. Ademáis, o interese é mutuo, sírvenos para intercambiar información, formas de actuar e protocolos sociais en función da cultura. Confesámosvos que para as compañeiras que participamos neste grupo foi un momento moi emotivo e dende septembro, os xovés son un poquiño máis especiais e satisfactorios se cabe.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará