Comeza un obradoiro de búsqueda de emprego para mulleres

Comeza un obradoiro de búsqueda de emprego para mulleres

O pasado 8 de novembro comezamos a impartir  un novo obradoiro de orientación laboral na nosa asociación dirixido, desta vez, únicamente a mulleres. O obradoiro desenvólvese no marco do proxecto “Teño dereitos”, financiado pola Deputación de Pontevedra.

No obradoiro abórdanse contidos relacionados co autocoñecemento, coas competencias e habilidades persoais, coa definción de intereses profesionais, coas entrevistas de traballo e cos asuntos administrativos coma o coñecemento dos tipos de nóminas ou contratos, entre outros. 

Dentro do mesmo proxecto iniciamos un obradoiro de autoestima e habilidades sociais para mulleres, no que tratamos cuestións relacionadas co empoderamento ou a escoita activa como aspectos adicionais para a búsqueda activa de emprego. Estes obradoiros son complementarios entre sí e forman parte do proxecto “Teño dereitos” da Deputación de Pontevedra, con fin de mellorar a empregabilidade das mulleres participantes.

Segundo os datos do Instituto Nacional de Estadística, no terceiro trimestre do presente ano, a taxa de paro femenino en Pontevedra é 5 puntos superior á taxa de paro masculino, cun 15´86% de mulleres desempregadas, fronte a un 10´87% de homes desempregados.

Deputación de Pontevedra