Xuntanza da Red Acoge

Xuntanza da Red Acoge

Despois de case dous anos sen facer unha xuntanza por mor da pandemia, volveron a retomarse os encontros presenciais de toda a Red Acolle. Aínda que temos reunións periódicas de coordinación, dúbidas, xustificacións e información sobre novas, a Asociación Diversidades aínda non tivera a oportunidade de coñecer persoalmente ao resto de personas ao mando das diferentes entidades.

Durante a primeira parte da xornada traballamos sobre os aspectos técnicos e administrativos nos que debemos de poñer máis énfasis e atención. Non obstante, non vos pensedes que non houbo tempo para o traballo en grupo. Tivemos a gran oportunidade de achegarnos aos aspectos máis importantes que favorecen o bo clima no traballo, que por mor do axetreo diario, sóemos relegar a un segundo plano. Por iso, dende Red Acolle brindaronnos a oportunidade de participar nun taller de improvisación que permitiu un acercamento maís personalizado entre as diferentes entidades da red.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará