Camiñando por Vigo coas Donas da Cidade

Camiñando por Vigo coas Donas da Cidade

Onte decidimos saír á rúa e coñecer un pouco máis nosa cidade, camiñando e admirando algúns edificios emblemáticos, estatuas…

Donas da Cidade nos transatlánticos

Tivemos a oportunidade de falar de García Barbón e a súa obra filantrópica na nosa cidade, visitar o Casco Vello e falar das orixes da Praza da Constitución, baixamos até o miradoiro do Centro Comercial a Laxe que non só nos permitiu admirar esta fermosa ría, senón tamén falar do Porto de Transatlánticos, de onde tamén moitas das nosas familias saíron en barco en procura dunha vida mellor- porque as nosas familias tamén foron emigrantes.

Antes de volver tivemos a ocasión de admirar as dúas estatuas de Leiro ( os Nadadores ) e falar de Xullo Verne e a súa relación con Vigo. Unha pequena excursión que nos axuda a ser un pouco máis Donas da Cidade.