Rompendo barreiras

Rompendo barreiras

Con motivo do dia en contra da violencia de xénero e tendo en conta as diferenzas culturais no que respecta ao avance teórico e práctico en materia igualdade, consideramos máis beneficioso e productivo levar a cabo estas actividades en dous grupos. En primerio lugar traballamos cos homes e finalizamos a mañá co grupo de mulleres. En ambos grupos narramos a historia dunha rá que representa a situción que viven as mulleres na violencia de xénero. Pensamos que sería una maneria doada de poder explicar o motivo polo que a maioría de mulleres que sufren esta violencia, non son consciente de que teñen una relación que as oprime, as agrede e que non as respeta. Deixamosvos por aquí o fragmento desde breve historia.

Un día a ra Luisa quixo darse un baño quentiño pero ao zambullirse no auga, deuse conta (foi conscente) de que o auga estaba demasiado quente e non dudou en saltar fóra. Pasaron os días e Luisa quixo probar de novo se podería darse un baño quente. Agora sí, a auga atopábase templadiña, xusto na temperatura adecuada que lle permitía estar alí todo o tempo que quisexe. Pouquiño a pouco o mesmo auga íase quentando. Sen embargo, debido a que Luisa xa se había acostumado a unha temperatura quentiña, non era consciente de que os graos ían en aumento. Así foi, que cando se quixo dar conta de que a temperatura da auga era peligrosa para a súa saúde xa era tarde para saltar fóra. Xa non tiña forzas para facelo. Tristemente, Luisa morreu abrasada”

Logo de facer esta introducción ao tema propuxemos dous temas diferentes a cada grupo para que poidesen traballar conxuntamente sobre eles. Neste caso o grupo de homes destinou a xornada a traballar sobre as diferentes formas de violencia de xénero e as mulleres traballaron sobre a invisibilización da violencia más privada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará