9 Aniversario de Diversidades Acolle

9 Aniversario de Diversidades Acolle

Vigo, 6 decembro 2021

Hoxe a nosa Asociación cumpría 9 anos. Celebramos o aniversario da Constitución participando nun acto institucional da Subdelegación do Goberno en Pontevedra. Erasmo Benítez, participante no programa de Protección Internacional, leu o artigo 10 do texto constitucional. Convidados pola Subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, compartimos o acto coa Cruz Vermella de Pontevedra, a Asociación Alba e con Joshua Mateo.

Enlaces:

https://www.diariodepontevedra.es/articulo/pontevedra/ciudadanos-alzan-voz-defensa-derechos-fundamentales/202112062333341175067.html

https://www.farodevigo.es/pontevedra/2021/12/06/entidades-sociales-invitadas-excepcion-43-60375616.html

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2021/12/07/subdelegacion-festeja-constitucion/0003_202112P7C3992.htm

A Asociación Diversidades foi fundada o 6 de decembro de 2012 co obxecto de promover a inclusión social e o recoñecemento cultural das persoas migrantes e das minorías culturais. Desde 2017 forma parte de Red Acoge, cambiando a súa denominación a Diversidades Acolle. Durante o pasado ano, atendemos 556 persoas, coas que se realizaron 3477 intervencións. O maior número de persoas atendidas estaban en situación de irregularidade administrativa, sendo as solicitantes de protección internacional o segundo colectivo en importancia no noso labor cotián.

Diversidades Acolle no aniversario da Constitución Española en Pontevedra

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará