Nadal en Diversidades!

Nadal en Diversidades!

Aproveitando a ponte que tivemos por mor da celebración do día da Constitución e o día da Inmaculado decidimos que xa era hora de decorar o nosso centro. De todas todas, xa íamos tarde, dado que a inhauguración lumínica da nosa cidade foi o pasado 20 de novembro.

Sen máis, sacamos as caixas que grazas as donacións do ano pasado tiñamos gardadas como oro en paño e traballamos en equipo para vestir cun pouco de luces, árbores e decoracións caseiras este atípico fogar. Ese é o caso, intentamos que as familias que viven no noso centro poidan coñecer cómo se visten os nosos fogares nesta época festiva. Recoñecémosvos que algúns/as compañeiros/as viven esta celebración con máis entusiamos ca outros/as, e como é esperado, o mesmo sucede cos nosos/as usuarios/as. Mentres que houbu algún/a que non dudou en amosar toda a súa creatividade, outros/as mantivéronse máis recatidiños/as.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará