CREAS apoia o Proxecto B-Team

Saída educativa a Tui

Vigo, 27 de decembro de 2021

CREAS apoia B-Team: un proxecto de promoción do éxito educativo e a socialización de adolescentes de orixe migrante

Os adolescentes de familias migrantes en moitas ocasións enfróntanse cunha realidade que non elixiron e perciben como imposta: perda dos seus amigos e as súas relacións sociais e un novo contexto educativo no que están en forte desvantaxe. Ademais, en moitas ocasións as súas familias carecen de recursos para compensar esa desvantaxe sobrevinda. 

A Asociación Diversidades creou un proxecto de prevención do abandono escolar prematuro, de promoción do éxito educativo e de socialización proactiva de adolescentes con transfundo migrante.

Co apoio de CREAS dinamizaremos un grupo de 21 adolescentes, con idades comprendidas entre os 12 e os 16 anos durante un trimestre. Os mozos terán tres sesións semanais nas que se combinan as actividades de reforzo educativo e as de creación de redes sociais proactivas. Ademais, unha educadora social e unha psicóloga ofrecerán apoio ás súas familias e ás titoras dos centros educativos en que realizan os seus estudos. No proxecto tamén participan mozos voluntarios, tanto nacionais como inmigrantes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará