Vigo, 15 de marzo de 2022
A pasada semana as mozas e mozos de Bro’s visitaron as instalacións de Galifresh . Gustoulles tanto, que decidieron realizar esta publicación :
” O outro día , fomos de excursión a Galifresh . Pasámolo moi ben, tivémonos que quitar as xoias, e puxémonos un traxe e gorro por medidas de hixiene. Vimos algúns almacéns de comida con froitas e verduras, ensináronnos a maquinaria, o proceso de envasado e o ambiente tan agradable. Tamén vimos que a discapacidade non era unha limitación para conseguir traballo e ser parte dun equipo . Grazas por convidarnos, polo seu bo trato, atención e polos agasallos”
Bros-Itinerarios é un programa que pretende mellorar o acceso ao emprego e á formación a adolescentes e mozos/as, preferentemente de orixe inmigrante, que se atopan en situación de abandono escolar prematuro ou que carecen de cualificación en España. Para modificar esta realidade, é necesario dotar ás persoas da inquedanza de obter un título formativo. pero, especialmente, resulta fundamental articular un proxecto de vida con obxectivos reais e alcanzables, establecendo unha relación directa entre as súas preferencias, as súas capacidades persoais e as posibilidades ao seu alcance. Ademais, cómpre un acompañamento no proceso social, que conduce ao retorno ao sistema educativo ou á participación nos sistemas de formación para o emprego (partindo das competencias clave) e chega á realización de prácticas e acompañamento no emprego.
As visitas técnicas a empresas crean inquedanzas e referencias laborais concretas, permiten avanzar en metas realistas e construír proxectos de vida. Complementa así as actuacións individualizadas e a formación en Competencias Clave vinculada co proxecto.
Grazas Galifresh! Grazas Eusebio !