Un ano máis chega o día no que se reivindican os dereitos da persoas refuxiadas e se visibiliza os aspectos fundamentais nos que se sustenta a protección internacional. Para moitas personas esta condición é totalmente descoñecida. A maioría, non son conscientes dos requisitos que teñen que cumprir estas persoas para poder recibir o estatuto de refuxiado así como as dificultades as que teñen que facer frente dende a saída do país de orixe e as que se suman no país de acollida.
Este ano, aproveitando a disminución das restriccións as que estivemos expostos/as durante a pandemia tivemos a oportunidade de facer unha exposición no Centro Sociocomunitario de Tui que se inaugurou hoxe as 12:30 da mañá.
Sen dúbida algunha o máis importante da inauguración non foi o material que se poderá visitar ata o próximo 1 de Xullo, senón o relato das experiencias e historias das persoas directamente implicadas. Foi moi emotivo poder escoitar en primeira persoa as dificultades e problemas aos que tiveron que enfrentarse e o cambio tan significativo que tiveron nas súas vidas dende a marcha do país de orixe. Específicamente contamos coa participación de tres dos nosos usuarios/as. Un rapaz de 24 anos de orixe marroquí que fixo o gran esforzo de leer o seu relato en castelán (non coñecía o idioma fai seis meses), unha muller de 60 anos de orixe ucraniana que falou en representación das personas usuarias de Ucraína e por último, un dos nosos compañeiros tivo a oportunidad de leer un relato feito por un rapaz de 23 anos orixinario de Mali que non puido estar presente dada a súa incorporación ao mercado laboral esta misma semana. Todos estes relatos podénse ler ademáis ao final desta mesma publicación.
En xeral, os tres defenderon un criterio común “non queríamos saír do noso país pero non nos quedou outra opción”, “Se o noso país fose seguro, querríamos voltar sen dúbida”, “non queremos lismosnas, queremos traballar e precisamos axuda para facelo”
Finalmente, gustaríanos animarvos a visitar a exposición na que poderédes observar datos globais sobre o asilo, as súas causas e o seu orixe así como as diversas rutas migratorias de moitas das personas e familias que pasaron polo noso centro neste dous anos. Trátase tamén dunha exposición interactiva na que poderédes deixar as vosas opinións sobre as dificultades que pensades que ten que afrontar unha persona refuxiada e tamén temos a disposición un caderno de reflexións.