O comezo do verán e das altas temperaturas chegou acompañada de moitas ganas por parte das persoas residentes de coñecer lugares novos da contorna e especialmente daqueles nos que hai lugares nos que refrescarse un pouco.
Por esta razón nas últimas semanas tivemos a posibilidade de facer dúas saídas pola contorna. Unha primeira na que visitamos Vigo e as súas praias e unha segunda na que coñecemos A Guarda e parte de O Rosal.
A visita a Vigo comezou no Museo do Mar no que tivemos a oportunidade de coñecer a actividade pesqueira e os formas de procesado dos alimentos do mar, técnicas e embarcacións pesqueiras e a fauna mariña da zona que se pode divisar no acuario, actividade que foi de especial interesa para os máis pequenos.
Continuamos o día paseando pola zonas das praias ata a hora de comer onde xa instalamos para pasar o resta da tarde aproveitando o sol, o mar e a area. Cada quen ao seu xeito tivo a oportunidade de desfrutar da tarde, xa fora escarbando na area, tomando sol, nadando, botando unha partida as cartas ou xogando co balón.
vkb
Por outra banda, a visita A Guarda comezou visitando o monte Santa Trega no que desfrutamos das vistas da desembocadura do rio Miño, da fronteira de Portugal e do pobo de A Guarda e continuamos profundando na historia de Galicia visitando os castros celtas.
Tras observar a vila da Guarda dende o alto, decidimos baixar ata o porto para divisar esta vila mariñeira de preto.
Por último e para rematar o día achegámonos ao Muiño das Aceñas no Rosal para facer un pícnic e refrescarnos no río, unha actividade que resultou moi entretida para todos e que axudou moito a sobrelevar as altas temperaturas das últimas semanas.