O día Mundial das Persoas Refuxiadas celebrase cada 20 de xuño coa finalidade de dar a coñecer e concienciar sobre a realidade de moitas persoas refuxiadas e solicitantes de asilo ao redor do mundo, as súas experiencias vitais e distintos conflitos e situacións que poñen as súas vidas en risco.
Nesta ocasión tratamos de plasmar estas realidades nunha exposición e actividade no espazo público para concienciar a toda cidadanía.
A actividades contou con unha parte na que se podían ler e observar distintas fotografías, datos, relatos e imaxes sobre a materia.
Por outra parte aquelas persoas que quixeron vivir a experiencia en primeira persoa puideron participar dun xogo de roles no que vivir a través do seu personaxe a experiencia migratoria.

Tamén o público puido observar e participar dunha clase coas profes español e alumnado dos centros de Protección Internacional de Tui, na que entre todos fixemos unha lista de palabras en todos os nosos idiomas nativos.


A xornada rematou pola tarda coa inauguración da exposición “Fronteiras do Pensamento” do fotógrafo Gabriel Tizón na que “as fotografías amosan un percorrido dende países de orixe ata lugares de chegada, protagonizadas por persoas obrigadas a deixar os seus forgares, por persoas que son explotadas, violadas e asasinadas nun camiño que ninguén quere facer, por persoas que non son recibidas como o que son, PERSOAS. Porque tódalas FRONTEIRAS contra a liberdade e a dignidade humana, son construídas dende o PENSAMENTO”

