O pasado xoves, 20 de novembro de 2025, a Asociación Diversidades Acolle puxo en marcha a súa primeira acción dentro do proxecto “Pontes que Acompañan: plan de benvida e orientación” para persoas migrantes que participan no programa Benvidas. Esta primeira actividade foi: “Vigo a primeira vista: Percorrido Urbano de Acollida e Orientación”. Participaron un total de sete persoas que se constituíron como como grupo baixo o nome CHOCONUT.
A xornada comezou na sede de Diversidades, entre as 10:30 e as 11:00 horas, cunha presentación sobre os obxectivos do programa e as accións previstas. Posteriormente, realizouse un percorrido urbano que se prolongou ata as 13:00 horas, visitando puntos clave como o Concello, o Rexistro, a área de Empadroamento e o Rexistro do Sergas, co fin de facilitar información práctica para a súa integración.
Tras finalizar a ruta, o grupo regresou á sede da asociación para completar o rexistro final e participar nunha breve avaliación da actividade, que permitiu recoller impresións e suxestións. Ademais, informouse sobre a próxima sesión do programa: o Taller de Economía Doméstica, que se celebrará o vindiero xoves, 27 de novembro de 2025.
Con esta iniciativa, Diversidades reafirma o seu compromiso coa acollida e orientación das persoas migrantes, favorecendo a súa inclusión social e o acceso aos servizos básicos na cidade de Vigo.
Acción financiada pola ORDE do 11 de setembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades, xestionado por esta consellería (código de procedemento BS623D).
