Author Archives: marialofer

Avance do centro de Tui

Tui, 15 de outubro 2020

No mes de abril comezou a nova aventura de Diversidades coa apertura do centro de acollida en Tui! Moito avanzouse… e seguimos avanzando!

No marco do PROXECTO AIA-ACOLLIDA e PROXECTO AIA-E (ACOLLIDA, INTEGRACIÓN E AUTONOMÍA) PARA O EMPREGO, subvencionados pola Dirección Xeral de Integración e Atención Humanitaria, e este último cofinanciado polo Fondo Social Europeo, levamos 6 meses de traballo. Ademais da posta en marcha do centro e todo o labor que conleva a organización e funcionamento diario realizáronse múltiples actividades:

Talleres semanais para unha mellora na integración das persoas residentes no centro:

  • Talleres de contextualización: sistema educativo español, organización do sistema político español, economía doméstica.
  • Talleres de asesoramento: para a procura de vivenda, apertura de conta.
  • Igualdade de xénero e oportunidades.
  • Medio ambiente.

Importante tamén a aprendizaxe de idiomas, levando a cabo talleres de galego e clases intensivas de español para aquelas persoas residentes que o necesitan.

Na área de emprego desenvolvéronse talleres que dotan ás persoas usuarias de recursos e ferramentas necesarias para a mellora da empregabilidade, asesoramento e información para o acceso a formación, ademais de titorías individuais nas cales se establece de maneira conxunta obxectivos e itinerario a seguir cara á procura de emprego.

Sen esquecernos das actividades de lecer como saídas pola contorna de Tui e a realización de festas tradicionais como a noite de San Xoan.

Un proxecto levado con moita ilusión! CONTINUAMOS!


Saída reciclaxe e medioambiente

Tui, 9 de septembro 2020

No Centro de Acollida de Tui estamos moi comprometidos co medioambiente. Valores que tratamos de transmitir a todas as persoas que conviven no centro incluídos os e as máis pequenos/as da casa.


Durante os últimos meses estivemos traballando a través de varias actividades o respecto polo medioambiente e a importancia do seu coidado. Para iso cos nenos e nenas estivemos traballando a importancia de reciclar e reutilizar, coñecendo os diversos recursos dispoñibles para separar os residuos que xeramos ou darlles unha nova vida.


No mes de septembro cando xa sabiamos como facelo, decidimos poñelo en práctica e saír fora do centro, á zona do río Miño, para poñer en práctica todo o que aprenderamos.


Saímos dando un paseo ata o río, alí recollemos todo o lixo que atopamos ata encher unha bolsa! Tras esta sorpresa decidimos tomar un descanso e recobrar forzas merendando. Para despois coas enerxías recuperadas clasificar e tirar todo o lixo nos contedores correspondentes.

Toda unha aventura! Que nos fixo darnos conta de que coidar do medioambiente é unha tarefa aínda pendente da que todos e todas debemos ser responsables.


Actividades de voluntariado: Grupo de debate sobre xénero, cultura e relixión

Comprometidos/as coa igualdad

Tui, 3 de septembro 2020

No Centro acollida de Tui-Diversidades tivemos a sorte de contar durante os meses de agosto e septembro con Laura Lorenzo, voluntaria experta en socioloxía. Aproveitando os seus coñecementos e a súa gran implicación desenvolvéronse varias sesións de talleres, unha coas mulleres e outra cos homes, onde se reflexionou sobre o xénero, a cultura e a relixión como fonte de opresión e problemas que determina a posición das mulleres e os homes na familia e sociedade pero tamén como espazos de oportunidades e convivencia.

Estas sesións resultaron moi interesantes para as persoas participantes, especialmente para o grupo de mulleres, as cales resaltaron o importante que lles parece poder compartir experiencias entre elas, para apoiarse e aprender das outras mulleres ferramentas para xestionar diferentes situacións que se vaian presentando na súa vida e ver que non son as únicas que ven afectadas polo xénero, senón que é un problema común, mostrando unha gran satisfacción ao coñecer o concepto de SORORIDADE.

ESPERAMOS PODER VOLVER CONTAR CON LAURA NALGUNHA OUTRA OCASIÓN E SEGUIR APRENDENDO!