Author Archives: Diversidades

  • -
Muller inmigrante lingua e sociedade

Inclusión e participación social das mulleres inmigrantes

O pasado xoves, 30 de marzo, celebrouse no edificio Cambón, na sede do Parque Nacional das Illas Atlánticas, a Xornada “MULLER INMIGRANTE, LINGUA E SOCIEDADE” coa participación da nosa Compañeira Belén Arranz no Diálogo sobre a Integración Social das Mulleres inmigrantes. Esta foi a súa achega:


  • -
Nadal no CPI Paradai

Unha achega do proxecto Conecta – Cultura

A dirección do CEIP Paradai de Lugo e a AMPA do CEIP Paradai solicitou que participasemos nun encontro con nais e pais para fomentar a convivencia intercultural.
Velaí a nosa achega:


  • -

Festa intercultural contra o racismo


  • -
O grupo de Sociedade de Acollida na Salina de Vigo

Visita ás salinas romanas

Visita ás salinas romanas, Salinae – Centro Arqueolóxico do Areal

Salina romana de VigoA semana pasada tivemos a oportunidade de visitar un xacemento arqueolóxico con máis de 2000 anos de antigüidade, como unha das actividades que conforman o curso de ‘Sociedade de Acollida’ organizado pola Asociación Diversidades.

Trátase dunha factoría de sal de época romana coa que nos trasladamos ao Vigo da época dos césares. Unha “viaxe” na que puidemos observar in situ aspectos tan fascinantes como a conservación do peixe, os rituais de enterramento, as costumes de hixiene ou a utilización dalgunhas ferramentas atopadas no xacemento.

Na entrada explicáronnos a evolución do asentamento a partires dos restos atopados. En primeiro termo, porto marítimo máis adiante lugar de enterramento para rematar converténdose nunha estrutura ideada para aproveitar o sal do mar.

Algúns das compañeiras e compañeiros animáronse a contarnos a súa experiencia.

Manssour Faik, saharaui.Manssour na Salina

“El pasado día 1 de febrero asistimos a una visita guiada a las salinas de Vigo. Este lugar es una de las pocas salinas que se conservan de la España romana. Allí nos explicaron cómo vivían los romanos y cómo utilizaban la sal. Nos enseñaron una espina de pescado y un hueso de vaca para que supiéramos cómo era su alimentación hace dos mil años. También pudimos ver una calavera y baños a los que acudían los romanos a asearse”.

Waldenira Gomes Palheta, brasileña

“El miércoles de ceniza, 01.03.2017, rompimos la rutina de las clases matutinas y viajamos en “el túnel del tiempo”; fuimos a un yacimiento romano. Al llegar allí, hemos sido recibidos por un arqueólogo que trató de explicar un poco su trabajo.

El arqueólogo nos enseñó los objetos que ha encontrado en sus años de trabajo, además nos explicó todo lo que es posible saber a partir de estos objetos. Dijo que a través de un cráneo es probable saber el sexo de la persona y, por medio de un diente es factible concretar la edad de este cráneo.

Además, él ha exhibido una linterna de cerámica usada por los romanos que era alimentada con aceite de oliva y que estaba adornada con un dibujo de una concha. Es increíble pensar que años atrás los romanos ya estaban preocupados con la estética de los objetos.

La visita también estuvo marcada por la importancia de la sal, de donde se origina la palabra “salario”, por los métodos de almacenamiento de los alimentos y por la importancia del “garum”; salsa hecha de pescado podrido muy apreciada en la Roma Antigua, con un olor indescriptible.

Al final de la visita, tuvimos el placer de admirar una salina real del Imperio Romano y, según el arqueólogo, esta salina es la mejor conservada de toda Europa, lo que nos permitió comprender un poco la producción de la sal hace doO guia da Salina cunha alumnas mil años.

Para mí, este “viaje al pasado” visitando el yacimiento ‘salinae’ me ha dejado estupefacta, por el hecho de poder estar en el mismo sitio que en un día pasado fue poblado por una de las civilizaciones más importantes de toda la Edad Antigua.

Me gustaría dar las gracias a mis profesores Jorge y Sergio y a la Asociación Diversidades por esta oportunidad.

Esta acción foi desenvolvida no marco da Formación sobre “Introducción á Sociedade de Acollida”, co financiamento da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e o cofinanciamento do Fondo Social Europeo.


  • -

Por un mundo sen fronteiras

O mundo está cheo de fronteiras invisibles: os prexuízos, os estereotipos, as discriminacións; tamén os medos, as manías e a falta de sensibilidade… Unha desas fronteiras separa a persoas competentes e capaces, con ganas de traballar e de cambiar a súa vida dun mercado de traballo que non sempre dá oportunidades ás persoas que as merecen.

Algunhas desas persoas como Alicia, Celia, Luciana, Nora, Jorgelina, Luci, Daniela, Florence ou Rocío reúnense para aprender xuntas, para superar a soidade e para avanzar no camiño do coñecemento e da inserción laboral. Soas non poden: precisan de persoas como Ana, dispostas a poñer tempo, ganas e coñecementos ao servizo desa aprendizaxe, nunha aventura compartida que comezou no mes de Outubro e que debe rematar alá polo 20 de maio, cando se celebren en Silleda as probas de Competencias Clave que permitan a estas mulleres acceder aos cursos AFD de nivel 2, os máis numerosos e os máis interesantes para a inserción laboral. Esa proba é a porta que abre esa fronteira invisible que separa a estas persoas competentes e capaces das oportunidades laborais que necesitan.

O compromiso voluntario de Ana fai posible derribar esas fronteiras.

Tamén ti podes axudar a acabar coas fronteiras. Faite voluntario/a!


  • -
Nikolai

Nikolai

Hoxe, logo de 25 anos negándoselle os dereitos humanos máis básicos, Nikolai, cidadán do mundo, ten un documento que recoñece a súa personalidade. E comeza a ter dereito a residir onde el elixa, con liberdade, sen ser perseguido por iso.

Hoxe foi un día feliz para Nikolai.

Para a Asociación Diversidades, hoxe foi un día grande.


Da Declaración Universal de Dereitos Humanos:

Artigo 6ª.

Todo ser humano ten dereito, en tódalas partes, ó recoñecemento da súa persoalidade.

Artigo 13ª.

  1. Toda persoa ten dereito a circular libremente e a elixir a súa residencia no territorio dun estado.
  2. Toda persoa ten dereito a saír de calquera país, incluso do propio, e a voltar ó seu país.

Artigo 14ª.

  1. En caso de persecución, toda persoa ten dereito a buscar asilo, e a disfrutar del, en calquera país.
  2. Este dereito non poderá ser invocado contra unha acción xudicial realmente orixinada por delictos comúns ou por actos opostos ós propósitos e principios das Nacións Unidas.

Artigo 15ª.

  1. Toda persoa ten dereito a unha nacionalidade.
  2. Ninguín será privado arbitrariamente da súa nacionalidade nin do dereito a cambiar de nacionalidade.

Esta acción foi posible grazas ao apoio da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo.


  • -

Agora!

Category : Novas

(GL) En Diversidades temos o gusto de presentarlle nosa nova imaxe corporativa, a cal reflicte o momento de consolidación e crecemento polo que atravesamos.

Buscamos afianzar o que con traballo logramos en catro anos de traxectoria na educación, inclusión e diversidade, que nos últimos anos manifestouse na implementación de novos proxectos, o desenvolvemento e mellora das intervencións, na incursión de novos espazos de actuación, así como o esforzo por achegarnos aos nosos usuarios/as buscando satisfacer as súas necesidades e acompañándolles no seu proxecto vital.

A nosa nova, fresca, moderna e próxima imaxe fortalece e reflicte a nosa meta de entregar día a día un mellor servizo e loitar polo recoñecemento da diversidade cultural, a promoción da inclusión social e servizos humanizados.

(ES) En Diversidades tenemos el gusto de presentarle nuestra nueva imagen corporativa, la cual refleja el momento de consolidación y crecimiento por el que atravesamos.

Buscamos afianzar lo que con trabajo hemos logrado en cuatro años de trayectoria en la educación, inclusión y diversidad, que en los últimos años se ha manifestado en la implementación de nuevos proyectos, el desarrollo y mejora de las intervenciones, en la incursión de nuevos espacios de actuación, así como el esfuerzo por acercarnos a nuestros usuarios/as buscando satisfacer sus necesidades y acompañándoles en su proyecto vital.

Nuestra nueva, fresca, moderna y cercana imagen fortalece y refleja nuestra meta de entregar día a día un mejor servicio y luchar por el reconocimiento de la diversidad cultural, la promoción de la inclusión social y servicios humanizados.


  • -

  • -
Fin de Curso Sociedade de Acollida 2016

Rematamos o ano!

Tags :

Category : Novas

Este año a Asociación Diversidades despide o 2016 cun bo sabor de boca, podemos dicir que foi un ano cheo de cambios e de boas novas. Dende a ampliación das prestacións dos nosos servizos a un maior número de persoas, ata a posibilidade de mellorar o noso sistema organizativo, destacando o acceso a un novo local máis amplo, ofrecendo unha mellor atención ás persoas e o desenvolvemento de accións formativas, e a ampliación do equipo humano tanto na atención directa coma na acción formativa, e a consolidación do voluntariado.

Pero isto non remata aquí, temos moi boas esperanzas para o ano que entra e desexamos poder alcanzar todas as metas previstas. Esperamos con inquedanza que o 2017 sexa un ano aínda mellor co anterior e que poidamos seguir facendo o noso traballo coa mesma paixón, crendo e loitando por unha mellora social.


  • -
Os rapaces e rapazas do programa Pregatirea Maine na Lonxa de Vigo

VISITA AO PORTO PESQUEIRO DE VIGO

Os rapaces e rapazas do programa Pregatirea Maine na Lonxa de VigoO pasado xoves 22 de decembro tivemos a oportunidade de facer unha visita ao porto pesqueiro de Vigo cos rapaces e rapazas do programa “Pregatirea Maine”, alumnado que participa na preparación das Competencias Clave.

A visita iniciouse pola poxa do peixe de baixura, onde puidemos ver as clases de peixe que se oferta nesta época e o funcionamento da poxa. A seguir, leváronos á zona de altura, coñecendo a forma de organización dos traballadores e a distribución por fases. E por último, visitamos un dos viveiros do porto, coñecendo as variedades de mariscos ofertadas e as variacións dos prezos na época de Nadal.

A experiencia vivida polos rapaces resultou ser unha boa oportunidade para achegarse a un dos sectores máis importantes da nosa cidade, ademais tiveron oportunidade de resolver as inquedanzas que lles xurdían coas explicacións do guía, amosándose moi interesados por coñecer mais o mundo da pesca e da distribución do peixe.

Acción desenvolvida no marco do programa Pregatirea Maine, co financiamento da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e o cofinanciamento do Fondo Social Europeo.