Category Archives: Competencias – Clave

Formación para mozas e mozos desempregados

Un ano máis, pomos en marcha o curso de Competencias Clave para mozas que non teñen a ESO e queren mellorar as súas posibilidades de atopar un emprego ou seguir formándose.
Aberto prazo de inscrición.

Comezo do Curso: 24 de setembro

Finalización: Maio 2019

Horarios: 9:30 – 13:30 de luns a venres.


BROS Escola de Segunda Oportunidade

Iniciamos de novo as aulas para Adolescentes en Abandono Escolar Prematuro

O vindeiro luns, 8 de xaneiro, en horario de 9:30 a 13:30 da mañá, de luns a venres, iniciamos de novo as aulas de preparación de competencias Clave para Adolescentes afectamos por abandono escolar prematuro.

Se tes máis de 16 anos e careces de formación, se queres preparar o teu futuro profesional e esperas unha segunda oportunidade, este é o teu sitio.

Esta acción formativa, financiada polo Fondo Social Europeo e a Consellería de Política Social, ten a dobre misión de ofrecer a oportunidade de acceder a un certificado de profesionalidade de nivel 2 e a mellora das competencias persoais e as habilidades sociais que permitan obter un emprego. Así, a acción está enmarcada no Proxecto BROS de itinerarios individualizados de inclusión social e inserción sociolaboral, pero desenvolve unha liña formativa específica do proxecto de Competencias Clave como Escola de Segunda Oportunidade.

     

Chega o Nadal ao proxecto BROS


Unha excelente exposición e investigación sobre o abandono escolar prematuro e relacions familiares.

E por fin chegou o tan anhelado día!. Aquela nosa primeira alumna de prácticas de Socioloxía,  que un día entrou  pola porta para compartir connosco varios meses de traballo e aprendizaxe en común, cumpría o venres o desexo de rematar a súa carreira coa presentación do Traballo de Fin de Grao. Case como se non puidese ser doutro xeito, Antía abordou o tema do fracaso escolar temperán, explorando nos valores educativos , nas circunstancias propias destes rapaces e rapazas, nas súas realidades familiares a as percepcións que estas nais e fillos ou fillas teñen das actuacións do sistema educativo a respecto desta cuestión. Rematou a súa presentación coa felicitación das profesoras membros do Tribunal, que incidiron na pertinencia do tema tratado ( que non por máis coñecido estivese máis estudiado) e a súa abordaxe, e animárona a unha profundizaxe maior , que botase máis luz sobre este tema de ( tristemente) tan rabiosa actualidade. Parabéns Antía, e a seguir na brecha !!!!


Comenzo do Curso Competencias Clave para Adultos

Datas:                                4 de outubro de 2017– 18 de maio de 2018

Horario:                             16:00 – 18:00 luns, mércores e venres

Lugar de realización:  Centro Municipal de Emprego e Ocupacións

R/ Oporto 1, (36201) Vigo

Esta acción formativa, financiada polo Fondo Social Europeo e a Consellería de Política Social, realizada en colaboración co Concello de Vigo, que cede a aula para a realización da actividade, prepara ás persoas para superar os exames oficiais de Competencias Clave da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, dando acceso aos Certificados de Profesionalidade de Nivel 2 e á correspondente formación AFD.

 Consellería de Política Social - Xunta de Galicia  O Fondo Social Europeo inviste no teu futuro  Galicia

Aula cedida por:

Concello de Vigo


BROS Escola de Segunda Oportunidade

Escola de Segunda Oportunidade

Competencias Clave nivel 2

O próximo mes de setembro poremos en marcha o noso proxecto BROs . Un ano máis queremos ofrecer unha segunda oportunidade ás mozas e mozos de entre 16 e 21 anos que se atopan fóra do sistema educativo, sen o título de graduado en ESO e que desexen adquirir un nivel de cualificación que lles permita mellorar a súa empregabilidade ou o retorno ao sistema educativo.

A formación será unha preparación das Competencias Clave nivel 2, cunha metodoloxía baseada no aprendizaxe por proxectos durante os 9 meses.

O curso comezará o día 18 de setembro de 2017 e finalizará o 18 de maio de 2018.

O horario é de luns á venres de 09:30h.  a 13:30h.

Realizarase na nosa sede en García Barbón 36, 3º oficina 1.

Para inscribirse ao curso poden poñerse en contacto connosco no 886 117 990 / 604 02 82 47, ou pasarse pola nosa sede en García Barbón 36, 3º oficina 1. Vigo

     

No exame de Competencias Clave

16/05/2017. O sábado 13 de maio estivemos en Silleda para os exames de Competencias Clave 2017.

Cun total de 25 persoas inscritas en Competencias Clave Nivel 2, das que 7 participaban tamén en Competencias clave nivel 3, o noso grupo estaba entre os máis numerosos dos que participaron nas probas, con máis de  3000 persoas inscritas.

As competencias clave son a porta para os certificados de profesionalidade e para a formación AFD (coñecida polo seu antigo nome de “cursos do INEM”), para persoas en situación de desemprego.


Os rapaces e rapazas do programa Pregatirea Maine na Lonxa de Vigo

VISITA AO PORTO PESQUEIRO DE VIGO

Os rapaces e rapazas do programa Pregatirea Maine na Lonxa de VigoO pasado xoves 22 de decembro tivemos a oportunidade de facer unha visita ao porto pesqueiro de Vigo cos rapaces e rapazas do programa “Pregatirea Maine”, alumnado que participa na preparación das Competencias Clave.

A visita iniciouse pola poxa do peixe de baixura, onde puidemos ver as clases de peixe que se oferta nesta época e o funcionamento da poxa. A seguir, leváronos á zona de altura, coñecendo a forma de organización dos traballadores e a distribución por fases. E por último, visitamos un dos viveiros do porto, coñecendo as variedades de mariscos ofertadas e as variacións dos prezos na época de Nadal.

A experiencia vivida polos rapaces resultou ser unha boa oportunidade para achegarse a un dos sectores máis importantes da nosa cidade, ademais tiveron oportunidade de resolver as inquedanzas que lles xurdían coas explicacións do guía, amosándose moi interesados por coñecer mais o mundo da pesca e da distribución do peixe.

Acción desenvolvida no marco do programa Pregatirea Maine, co financiamento da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e o cofinanciamento do Fondo Social Europeo.


O noso primeiro libro para unha segunda oportunidade educativa

Hoxe saiu do prelo o primeiro libro editado pola Asociación Diversidades. Trátase do libro do alumnado para os cursos de formación de Competencias Clave Nivel 2. O libro foi unha iniciativa de Gonzalo Lamas, autor da obra xunto con Juan Manuel Otero Ennes (Pucho).

No futuro, confiamos poder realizar unha proposta didáctica completa ao servizo das persoas que carecen de titulación e que a precisan para acceder ao mercado de traballo. Como ven sendo habitual, daremos prioridade ás persoas inmigrantes, ás mulleres en situación de vulnerabilidade e aos parados de longa duración.

img_0640


Curso de Competencias Clave para persoas adultas

Curso de preparación das probas de Competencias – Clave 2016-2017

Calendario

Data de inicio: 4 de outubro de 2016

Data de finalización: 20 de maio de 2017

Horario

Martes, xoves e venres de 16:30 a 18:30

Martes

16:30-17:30 Inglés

De 17:30 a 18:30 – Matemáticas

Xoves

16:30-17:30 Matemáticas

17:30 a 18:30 – Lengua Española

Venres

16:30-17:30 Galego

17:30-18:30 Inglés

Lugar

Avda García Barbón 36, 3º, Oficina 1.

36201 Vigo

Persoas destinatarias

Esta actuación pretende realizar un curso para 15 persoas que inclúa os contidos das Competencias Clave. Persoas en situación de desemprego de longa duración sen graduado en ESO ou equivalente (FP1, 2ºBUP…).