Futuro para o proxecto NEELI
Category : Conecta-Cultura , Educación , Interculturalidade , Novas
Category : Conecta-Cultura , Educación , Interculturalidade , Novas
Category : Conecta-Cultura , Convivencia , Inclusión , Interculturalidade , Novas
Seminario de presentación do proxecto NEELI (Non-formal education & e-learning for inclusion) Erasmus +
A Asociación Diversidades, entidade membro de RED ACOGE, realizará unha actividade de difusión e presentación dos resultados do proxecto NEELI (Non-formal education & e-learning for inclusion) enmarcado no programa Erasmus + o próximo 6 de setembro, xoves. O evento terá lugar nas instalación da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) a partir das 9.30 horas.
O NEELI é un proxecto de educación non formal para á inclusión social. Céntrase na aprendizaxe intercultural, abordando temas como:
O material de aprendizaxe está deseñado e recomendado para xoves traballadores, mentores e educadores que traballan co xente nova con antecedentes migratorios e que están abertos a utilizar métodos de aprendizaxe non formal.
O interese da Asociación Diversidades é incorporar esta aprendizaxe ao programa de Conecta Cultura, un programa deseñado para a formación intercultural na aula dentro do Plan Proxecta da Consellería de Educación, co financiamento e apoio organizativo da Consellería de Política Social.
A diversidade é unha das forzas de Europa, pero podemos observar e sentir unha discriminación aberta ou encuberta a nivel social, nivel cultural e económico. O racismo e a xenofobia están entre as formas máis xeneralizadas de discriminación que experimentan as persoas debido á súa orixe, cultura, lingua, ou estilo de vida. Hoxe en día -debido a situacións de orde político, económico e social a nivel mundial- a migración é unha das cuestións máis importantes dentro do EU e no mundo, e afrontamos cada día situacións e desafíos en conexión coa interculturalidade. A día de hoxe é esencial non só mellorar as nosas competencias interculturais e a nosa sensibilidade, senón tamén desenvolver boas prácticas e métodos que poidan axudar a entender, tolerar, aceptar ao outro e apoiar a integración social, educativa de nenos e nenas e da xente nova procedentes de minorías ou con antecedentes migratorios.
Category : Conecta-Cultura
Xa está na rúa do Príncipe en Vigo a exposición Enlaza Vigo contra as Violencias de Xénero.
Vigo. 17/11/2017. Diferentes centros educativos da cidade, tanto de educación formal como non formal, reflexionan colectivamente, crean conxuntamente e expoñen publicamente as súas reflexións para avanzar como sociedade fronte ás violencias de xénero.
Este ano a reflexión xirou arredor das redes sociais como forma de difusión da violencia, pero tamén como ferramenta de cambio e de convivencia.
Category : Conecta-Cultura , Novas
A dirección do CEIP Paradai de Lugo e a AMPA do CEIP Paradai solicitou que participasemos nun encontro con nais e pais para fomentar a convivencia intercultural.
Velaí a nosa achega: