Category Archives: Convivencia

  • -
Hafdala Mediación Escolar

Hafdala en “La Voz de Galicia”

Vigo, 9 de maio de 2017. Hoxe Hafdala Mani Luali fala para La Voz de Galicia sobre mediación entre iguais, convivencia e resolución de conflitos.
http://www.lavozdegalicia.es/…/hipe…/0003_201705V9C12993.htm


  • -

Unha vida mellor

Intervención de Belén Arranz nas Xornadas de Inmigración e Integración do ESOMI – Universidade da Coruña

O pasado martes, 2 de maio de 2017, a nosa compañeira Belén Arranz realizou unha intervención nas Xornadas de Inmigración e Integración do ESOMI, na Universidade da Coruña. Pódese consultar o programa completo aquí.

A intervención resume tanto a investigación sobre as dinámicas migratorias dos grupos familiares extensos procedentes de Romanía, pertencentes ás minorías étnicas xitanas, como os longos anos de experiencia na intervención social directa con esta poboación.


  • -
Muller inmigrante lingua e sociedade

Inclusión e participación social das mulleres inmigrantes

O pasado xoves, 30 de marzo, celebrouse no edificio Cambón, na sede do Parque Nacional das Illas Atlánticas, a Xornada “MULLER INMIGRANTE, LINGUA E SOCIEDADE” coa participación da nosa Compañeira Belén Arranz no Diálogo sobre a Integración Social das Mulleres inmigrantes. Esta foi a súa achega:


  • -

Festa intercultural contra o racismo


  • -

Felices festas

Category : Convivencia , Novas

Dende Diversidades encántanos estar aquí un ano máis, para desexarvos o mellor nestas datas, en cada un dos segundos do ano. Anhelamos que o 2017 sexa un ano de Paz, Solidariedade e Xustiza Social. Para iso, nós non cesaremos no noso empeño, achegando a nosa conciencia e enerxía, porque cremos na mellora humana e cremos en tí.
Grazas por acompañarnos nesta viaxe de transformación.

O equipo de Diversidades.


  • -
Obradoiro de Mediación no Toural - Vilaboa

Obradoiro de mediación entre Iguais


  • -

Presentación do curso Introducción á Sociedade de Acollida

Vigo, 16/09/2016

Onte tivo lugar a presentación do Curso Introducción á Sociedade de Acollida, na sede da Asociación Diversidades.

Un grupo de dezaoito persoas de 8 nacionalidades diferentes participa nesta acción formativa que comeza o luns 19 de setembro e remata o 25 de novembro.

img_0613 img_0614 img_0617 img_0618 img_0619 img_0621

 logo FSE  politica-social  galicia  cropped-Diversidades-Logo.png

  • -

Consulado Itinerante de Rumanía en Vigo

Tags :

Category : Convivencia

27-28 mai 2016 – consulat itinerant la VIGO – regiunea Galicia

logoÎn zilele de 27-28 mai 2016,  o echipă a  Consulatului General al României la Bilbao se va deplasa  în oraşul VIGO, între orele 10:00-14:30 – preluare cereri, 16:00-17:30 – eliberare documente, la Centro Civico de Teis, situat la adresa C/ Camiño Maceiras, 2, Vigo, pentru a oferi servicii consulare cetăţenilor români rezidenţi în comunitatea autonomă Galicia.

Consulatul recomandă tuturor cetăţenilor români, care vor solicita servicii/documente consulare, să se prezinte cu documentele de identitate/călătorie şi/sau stare civilă atât în original, cât şi în fotocopie color.

Vor fi efectuate următoarele servicii consulare:

– înscrieri certificate de naştere/certificate de căsătorie;

– autentificări procuri / declaraţii;

– inscripţii consulare / adeverinţe;

– titluri de călătorie / paşapoarte.


  • -

CHARLA SENSIBILIZACIÓN NO IES MARÍA SOLIÑO

24891511400_d6d31113e3_zO pasado 16 de febreiro tivemos o pracer de poder impartir unha charla de sensibilización no instituto María Soliño (Cangas).
Estas charlas están desenvolvidas no marco do noso proxecto Pregatirea Maine, onde o principal obxectivo do acto era conseguir que os alumnos entendesen a inmigración desde outro punto de vista, tentar que empatizaran coas persoas que buscan unha vida mellor noutro país e as dificultades que pasan para integrarse nunha nova cultura, e ao mesmo tempo, facerlles comprender dunha maneira práctica, que as etiquetas impostas ás persoas estranxeiras dificultan a súa inserción social, e que eles poden  participar no cambio desta situación.

A charla foi realizada polo noso compañeiro Hafdallah, un psicólogo saharauí, que conta cunha gran capacidade para tratar con rapaces.
Tras facer unha introdución sobre os aspectos básicos que implica a inmigración, realizou un xogo de rol “A discoetiqueta”, que consistía en etiquetar a oito alumnos e facer que entre eles se tratasen segundo a súa etiqueta nun ambiente de discoteca. Nalgúns casos as etiquetas eran positivas, como “abrázame”, e noutros casos eran negativas, como “expúlsame do grupo”, “insúltame”. Neste xogo a intención era facer comprender aos alumnos, que a forma que temos de etiquetar ás persoas en base a prexuízos poden facer dano a aqueles que se lle impoñen esas etiquetas, e que antes de etiquetar debemos pensar en como sentirá esa persoa cando nos relacionemos con ela desa maneira. E para finalizar contoulles a súa historia de vida, unha historia realmente impactante, non só pola parte máis dramática da situación que viviu, senón tamén pola capacidade de resiliencia que tivo ao longo da súa vida.

O desenvolvemento da charla fixo que a medida que avanzaba, os alumnos fosen empatizando progresivamente co colectivo inmigrante, sendo o final da charla o máis emotivo, probablemente pola historia de vida contada en primeira persoa por Hafdallah.


  • -

Inauguración da Igrexa Evanxélica Romanesa

Este venres 12 de febreiro participamos na inauguración da Igrexa Evanxélica que promove a comunidade romanesa de Vigo.

Foi unha grata experiencia de convivencia intercultural.

A maioría dos presentes eran de nacionalidade romanesa e de cultura romaní, polo que a celebración tivo lugar en lingua romanesa.