Arquivo da categoría: Convivencia
Felices festas
Dende Diversidades encántanos estar aquí un ano máis, para desexarvos o mellor nestas datas, en cada un dos segundos do ano. Anhelamos que o 2017 sexa un ano de Paz, Solidariedade e Xustiza Social. Para iso, nós non cesaremos no noso empeño, achegando a nosa conciencia e enerxía, porque cremos na mellora humana e cremos en tí.
Grazas por acompañarnos nesta viaxe de transformación.
O equipo de Diversidades.
Obradoiro de mediación entre Iguais
Presentación do curso Introducción á Sociedade de Acollida
Consulado Itinerante de Rumanía en Vigo
27-28 mai 2016 – consulat itinerant la VIGO – regiunea Galicia
În zilele de 27-28 mai 2016, o echipă a Consulatului General al României la Bilbao se va deplasa în oraşul VIGO, între orele 10:00-14:30 – preluare cereri, 16:00-17:30 – eliberare documente, la Centro Civico de Teis, situat la adresa C/ Camiño Maceiras, 2, Vigo, pentru a oferi servicii consulare cetăţenilor români rezidenţi în comunitatea autonomă Galicia.
Consulatul recomandă tuturor cetăţenilor români, care vor solicita servicii/documente consulare, să se prezinte cu documentele de identitate/călătorie şi/sau stare civilă atât în original, cât şi în fotocopie color.
Vor fi efectuate următoarele servicii consulare:
– înscrieri certificate de naştere/certificate de căsătorie;
– autentificări procuri / declaraţii;
– inscripţii consulare / adeverinţe;
– titluri de călătorie / paşapoarte.
CHARLA SENSIBILIZACIÓN NO IES MARÍA SOLIÑO
O pasado 16 de febreiro tivemos o pracer de poder impartir unha charla de sensibilización no instituto María Soliño (Cangas).
Estas charlas están desenvolvidas no marco do noso proxecto Pregatirea Maine, onde o principal obxectivo do acto era conseguir que os alumnos entendesen a inmigración desde outro punto de vista, tentar que empatizaran coas persoas que buscan unha vida mellor noutro país e as dificultades que pasan para integrarse nunha nova cultura, e ao mesmo tempo, facerlles comprender dunha maneira práctica, que as etiquetas impostas ás persoas estranxeiras dificultan a súa inserción social, e que eles poden participar no cambio desta situación.
A charla foi realizada polo noso compañeiro Hafdallah, un psicólogo saharauí, que conta cunha gran capacidade para tratar con rapaces.
Tras facer unha introdución sobre os aspectos básicos que implica a inmigración, realizou un xogo de rol “A discoetiqueta”, que consistía en etiquetar a oito alumnos e facer que entre eles se tratasen segundo a súa etiqueta nun ambiente de discoteca. Nalgúns casos as etiquetas eran positivas, como “abrázame”, e noutros casos eran negativas, como “expúlsame do grupo”, “insúltame”. Neste xogo a intención era facer comprender aos alumnos, que a forma que temos de etiquetar ás persoas en base a prexuízos poden facer dano a aqueles que se lle impoñen esas etiquetas, e que antes de etiquetar debemos pensar en como sentirá esa persoa cando nos relacionemos con ela desa maneira. E para finalizar contoulles a súa historia de vida, unha historia realmente impactante, non só pola parte máis dramática da situación que viviu, senón tamén pola capacidade de resiliencia que tivo ao longo da súa vida.
O desenvolvemento da charla fixo que a medida que avanzaba, os alumnos fosen empatizando progresivamente co colectivo inmigrante, sendo o final da charla o máis emotivo, probablemente pola historia de vida contada en primeira persoa por Hafdallah.
Inauguración da Igrexa Evanxélica Romanesa
Este venres 12 de febreiro participamos na inauguración da Igrexa Evanxélica que promove a comunidade romanesa de Vigo.
Foi unha grata experiencia de convivencia intercultural.
A maioría dos presentes eran de nacionalidade romanesa e de cultura romaní, polo que a celebración tivo lugar en lingua romanesa.
Curso de español para mulleres estranxeiras 2015 2016
Curso de español para mulleres estranxeiras
Clases dende o día 20 de outubro ata o 17 de decembro
Horario:
De 16.00 á 18.00
Lugar:
Oficina de Diversidades: Velázquez Moreno 9, 3º. Of. 313. Vigo
Tf: 886.117.990
Contamos contigo!
Servizos para os refuxiados
A Asociación Diversidades presentou este luns a súa proposta para a acollida na cidade de Vigo de refuxiados sirios (ou procedentes doutros conflitos de Oriente Medio).
Trátase de prestar servizos de interpretación e tradución, de información, de asesoramento e de introdución na sociedade galega, co coñecemento da lingua, dos costumes e do acceso ao mercado de traballo.
Trátase dun servizo complementario respecto dos esenciais de acceso ao aloxamento e manutención inicial, sobre os que están a traballar outras entidades.
Desde a Asociación Diversidades confiamos en que se poida chegar canto antes a un acordo que poña fin ao espectáculo dunha Europa dividida e tentada pola xenofobia nun momento que require unidade de acción e xenerosidade respecto das vítimas das guerras e dos conflitos políticos, económicos, culturais e relixiosos que sacoden Oriente Medio.