Category Archives: Escola de Segunda Oportunidade

Proxecto Bros

Formación para mozas e mozos desempregados

Un ano máis, pomos en marcha o curso de Competencias Clave para mozas que non teñen a ESO e queren mellorar as súas posibilidades de atopar un emprego ou seguir formándose.
Aberto prazo de inscrición.

Comezo do Curso: 24 de setembro

Finalización: Maio 2019

Horarios: 9:30 – 13:30 de luns a venres.


Youth Event 2018 Matosinhos

O noso programa BROS participa no Encontro Europeo de Escolas de Segunda Oportunidade

Matosinhos, 8 de xuño de 2018

Youth Event 2018 MatosinhosA Rede Europea de Escolas de Segunda Oportunidade celebrou esta semana o seu encontro de mocidade (Youth Meeting) e a súa Asemblea anual en Matosinhos, Portugal.

94 persoas, 62 mozas e mozos e 32 profesoras e profesores, pertencentes a 16 escolas e organizacións diferentes de 8 países poidemos disfrutar da excepcional acollida que nos ofreceu a Escola de Segunda Oportunidade de Matosinhos co apoio incondicional da Câmara Municipal de Matosinhos.

Foron tres días intensos, entre o 5 e o 7 de xuño, co que o acto central foi a Conferencia Internacional sobre Escolas de segunda oportunidade, coa participación de Édith Cresson, fundadora do movemento de Escolas de Segunda Oportunidade, das redes Europea, francesa e española e de destacados especialistas do ámbito académico e da sociedade civil portuguesa.

Pero o momento máis importante e emotivo foi o espectáculo final realizado no auditorio público da cidade, con participación de absolutamente todas as persoas presentes no encontro coas máis variadas manifestacións artísticas.

Unha experiencia de convivencia e de aprendizaxe para repetir e para ter en conta durante todo o ano.


Curso de Actividades Auxiliares de Comercio

Actividades Auxiliares de ComercioO compromiso da Asociación é ofrecer unha segunda oportunidade educativa e formativa a persoas sen titulación, preferentemente inmigrantes e persoas en situación de Abandono Escolar Prematuro. En breve iniciaremos un curso de “Actividades Auxiliares de Comercio” destinado especialmente a xóvenes menores de 25 anos, co obxectivo de mellorar as súas posibilidades de inserción laboral e a adquisición de competencias básicas para o traballo.

O curso porase en marcha o próximo 2 de Abril con data de fin o 25 de Mayo. Realizarase en horario de mañán de 9.30h a 14.30h.

O curso terá o módulo transversal  MF1326_1 Preparación de pedidos, de 40 horas de duración, e todos os alumnos que realicen satisfactoriamente o curso terán a posibilidade de realizar prácticas non laborais en empresas, que constitúen o módulo obrigatorio de prácticas do Certificado de Profesionalidade (40 horas).

Desexamos que este curso poida ser de utilidade para mozas e mozos que non conten con certificados de estudos ou que lles interese iniciarse no sector servizos.


BROS Escola de Segunda Oportunidade

Iniciamos de novo as aulas para Adolescentes en Abandono Escolar Prematuro

O vindeiro luns, 8 de xaneiro, en horario de 9:30 a 13:30 da mañá, de luns a venres, iniciamos de novo as aulas de preparación de competencias Clave para Adolescentes afectamos por abandono escolar prematuro.

Se tes máis de 16 anos e careces de formación, se queres preparar o teu futuro profesional e esperas unha segunda oportunidade, este é o teu sitio.

Esta acción formativa, financiada polo Fondo Social Europeo e a Consellería de Política Social, ten a dobre misión de ofrecer a oportunidade de acceder a un certificado de profesionalidade de nivel 2 e a mellora das competencias persoais e as habilidades sociais que permitan obter un emprego. Así, a acción está enmarcada no Proxecto BROS de itinerarios individualizados de inclusión social e inserción sociolaboral, pero desenvolve unha liña formativa específica do proxecto de Competencias Clave como Escola de Segunda Oportunidade.

     

Unha excelente exposición e investigación sobre o abandono escolar prematuro e relacions familiares.

E por fin chegou o tan anhelado día!. Aquela nosa primeira alumna de prácticas de Socioloxía,  que un día entrou  pola porta para compartir connosco varios meses de traballo e aprendizaxe en común, cumpría o venres o desexo de rematar a súa carreira coa presentación do Traballo de Fin de Grao. Case como se non puidese ser doutro xeito, Antía abordou o tema do fracaso escolar temperán, explorando nos valores educativos , nas circunstancias propias destes rapaces e rapazas, nas súas realidades familiares a as percepcións que estas nais e fillos ou fillas teñen das actuacións do sistema educativo a respecto desta cuestión. Rematou a súa presentación coa felicitación das profesoras membros do Tribunal, que incidiron na pertinencia do tema tratado ( que non por máis coñecido estivese máis estudiado) e a súa abordaxe, e animárona a unha profundizaxe maior , que botase máis luz sobre este tema de ( tristemente) tan rabiosa actualidade. Parabéns Antía, e a seguir na brecha !!!!


BROS Escola de Segunda Oportunidade

Escola de Segunda Oportunidade

Competencias Clave nivel 2

O próximo mes de setembro poremos en marcha o noso proxecto BROs . Un ano máis queremos ofrecer unha segunda oportunidade ás mozas e mozos de entre 16 e 21 anos que se atopan fóra do sistema educativo, sen o título de graduado en ESO e que desexen adquirir un nivel de cualificación que lles permita mellorar a súa empregabilidade ou o retorno ao sistema educativo.

A formación será unha preparación das Competencias Clave nivel 2, cunha metodoloxía baseada no aprendizaxe por proxectos durante os 9 meses.

O curso comezará o día 18 de setembro de 2017 e finalizará o 18 de maio de 2018.

O horario é de luns á venres de 09:30h.  a 13:30h.

Realizarase na nosa sede en García Barbón 36, 3º oficina 1.

Para inscribirse ao curso poden poñerse en contacto connosco no 886 117 990 / 604 02 82 47, ou pasarse pola nosa sede en García Barbón 36, 3º oficina 1. Vigo