VISITA AO PORTO PESQUEIRO DE VIGO

Os rapaces e rapazas do programa Pregatirea Maine na Lonxa de VigoO pasado xoves 22 de decembro tivemos a oportunidade de facer unha visita ao porto pesqueiro de Vigo cos rapaces e rapazas do programa “Pregatirea Maine”, alumnado que participa na preparación das Competencias Clave.

A visita iniciouse pola poxa do peixe de baixura, onde puidemos ver as clases de peixe que se oferta nesta época e o funcionamento da poxa. A seguir, leváronos á zona de altura, coñecendo a forma de organización dos traballadores e a distribución por fases. E por último, visitamos un dos viveiros do porto, coñecendo as variedades de mariscos ofertadas e as variacións dos prezos na época de Nadal.

A experiencia vivida polos rapaces resultou ser unha boa oportunidade para achegarse a un dos sectores máis importantes da nosa cidade, ademais tiveron oportunidade de resolver as inquedanzas que lles xurdían coas explicacións do guía, amosándose moi interesados por coñecer mais o mundo da pesca e da distribución do peixe.

Acción desenvolvida no marco do programa Pregatirea Maine, co financiamento da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e o cofinanciamento do Fondo Social Europeo.

Felices festas

Dende Diversidades encántanos estar aquí un ano máis, para desexarvos o mellor nestas datas, en cada un dos segundos do ano. Anhelamos que o 2017 sexa un ano de Paz, Solidariedade e Xustiza Social. Para iso, nós non cesaremos no noso empeño, achegando a nosa conciencia e enerxía, porque cremos na mellora humana e cremos en tí.
Grazas por acompañarnos nesta viaxe de transformación.

O equipo de Diversidades.

Obradoiro de Mediación

Onte pasamos toda a mañá no bonito centro de COGAMI MOS compartindo uns Talleres de sensibilización e mediación intercultural cos profesionais e os usuarios e usuarias do centro. As horas pasaron voando intercambiando experiencias, pensamentos e anécdotas no eido da convivencia intercultural. Estamos moi contentos de ter compartido este espazo de colaboración e continuaremos o próximo xoves con 2 novos talleres. Deixámosvos aquí unhas fotos que inmortalizan o momento:

Obradoiro de Busca de Emprego

 

No marco do Programa Bun Venit – Itinerarios de Inclusión, a Asociación Diversidades convoca un Obradoiro de Busca de Emprego, para todas aquelas persoas interesadas en mellorar as súas competencias para atopar un traballo.

Datas: Luns 24 e 31 de outubro, 7 e 14 de novembro.

Horario: 16:30 – 18:00

Lugar de celebración: Asociación Diversidades (Avda García Barbón 36, 3º, Oficina 1).

Obxectivos:

  • Coñecer as principais características dos procesos de selección das empresas e empregadores particulares.
  • Mellorar as competencias de Busca de Emprego.
  • Mobilizar as enerxías persoais e de grupo para a obtención dun posto de traballo.

Contidos:

  • Preparación previa
  • A entrega de CVs
  • A entrevista
  • ¿Qué facer despois da entrevista?

Participantes: Persoas en busca activa de emprego (BAE); persoas desempregadas con intención de activar a súa busca activa de emprego.

Anímate e participa.

cons_politica_social-corlogo FSEgalicia

 

Curso de Competencias Clave para persoas adultas

Curso de preparación das probas de Competencias – Clave 2016-2017

Calendario

Data de inicio: 4 de outubro de 2016

Data de finalización: 20 de maio de 2017

Horario

Martes, xoves e venres de 16:30 a 18:30

Martes

16:30-17:30 Inglés

De 17:30 a 18:30 – Matemáticas

Xoves

16:30-17:30 Matemáticas

17:30 a 18:30 – Lengua Española

Venres

16:30-17:30 Galego

17:30-18:30 Inglés

Lugar

Avda García Barbón 36, 3º, Oficina 1.

36201 Vigo

Persoas destinatarias

Esta actuación pretende realizar un curso para 15 persoas que inclúa os contidos das Competencias Clave. Persoas en situación de desemprego de longa duración sen graduado en ESO ou equivalente (FP1, 2ºBUP…).

Competencias- clave para adolescentes Pregatirea Maine

imageTienes 16 años o más? No has tenido la posibilidad de acceder a ninguna FP o FPB pero quieres seguir formándote y obtener algún certificado de profesionalidad? Pues Diversidades te da la oportunidad de comenzar el curso con nuevas expectativas!!
Te ofrecemos el curso de Competencias-Clave, que te dará la oportunidad de acceder a los Certificados de Profesionalidad Nivel 2 y así abrir tus posibilidades laborales. No te lo pienses.Contacta con nosotros.

 logo FSE  politica-social  galicia  cropped-Diversidades-Logo.png

Curso de Formación sobre Sociedade de Acollida 2016

Dirixido á:IMG-20160525-Mercado Progreso

Persoas que necesiten aprender lingua e cultura española.

Persoas que necesiten demostrar arraigo na sociedade española.

Persoas interesadas na obtención da nacionalidade española.

Calendario:

Presentación:

15 de setembro de 2016

(Asociación Diversidades; Avda/ García Barbón, 36, 3º Oficina 1, 36201 Vigo).

Data de Inicio: 19/09/2016

Data de finalización: 25/11/2016

(Locais da parroquia do Sagrado Corazón; R/ Rosalía de Castro 56 baixo, 3601 Vigo)

Horario:

10:00 – 13:00

De luns a venres.

 logo FSE  politica-social  galicia  cropped-Diversidades-Logo.png

Finaliza o curso de Formación sobre Introducción á Sociedade de Acollida

IMG_0822

Rematou hoxe, 17 de marzo de 2016, o curso de formación sobre Introducción á Socieade de Acollida que a Asociación Diversidades realizou nos locais da Parroquia do Sagrado Corazón, financiado pola Xunta de Galicia e cofinanciado parcialmente polo Fondo Social Europeo.

Era a primeira vez que a Asociación Diversidades promovía esta formación e o resultado é moi satisfactorio. O curso tivo unha gran difusión por boa parte da rede que traballa con persoas inmigrantes en Vigo e na súa bisbarra. Os participantes quedaron moi satisfeitos e o ambiente do curso foi dunha gran fluidez nos contidos e nas relacións entre persoas e culturas.

Desexamos moita sorte a quen van utilizar esta formación como base para a realización das probas de nacionalidade!