Skip to content
Diversidades Acolle

Diversidades Acolle

  • Inicio
  • Somos
    • Estatutos
    • Memorias
    • Rendición de contas
    • Xunta directiva
    • CONDICIÓNS XERAIS DE USO DO SITIO WEB DA ASOCIACIÓN DIVERSIDADES
  • Red Acoge
  • Que facemos?
    • Acollida
    • Inclusión (Bun Venit Itinerarios)
    • Igualdade
    • Educación
      • O meu primeiro emprego
    • Formación
      • Curso para solicitantes de protección internacional
    • Mediación
    • Inclusión e xente nova
  • Protección Internacional
  • Novas
  • Colabora
  • Contacto

Categoría: Tolerancia

Bros en Calor e Café da Fundación Érguete Integración

O alumnado de Bros coñece “Calor e café”

5th Marzo 202110th Marzo 2021 Diversidades

VIGO, 5 MARZO 2021

Este mércores, a Fundacion Erguete-Integracion convidou ao alumnado de Bro´s a visitar o seu programa “Calor e café” na rúa Jacinto Benavente, en Vigo. O seu labor é ofrecer alimentación básica para persoas en situación de emerxencia social e vincular a estas persoas cos servizos de saúde e cos recursos sociais.

As mozas e mozos do proxecto Bros recibiran previamente unha sesión de prevención impartida por técnicos da Fundación Érguete Integración. Nesta ocasión, foron eles quen se desprazaron para participar nun proxecto de Érguete e puideron axudar a repartir café, bocadillos e froita.

Esta experiencia enmárcase na metodoloxía de Aprendizaxe-Servizo (ApS), que a Asociación Diversidades ven aplicando durante os últimos anos e que recibe un impulso grazas ao programa ApS de Red Acoge.

O programa “Calor e Café” supuxo unha oportunidade para reflexionar sobre as desigualdades sociais e o valor da solidariedade: “Encantounos a experiencia e esperamos repetir pronto!“

Repartindo froita en Calor e Café

ESCOLA DE FAMILIA MOSTEIRO

9th Novembro 2017 Diversidades

 O pasado martes tivemos o verdadeiro pracer de arrancar a Escola de Familia Mosteiro, un lugar  de paixón por facer que a ardua tarefa de educar aos fillos e fillas sexa coherente, repleta de sentido común e, o máis necesario, dos alentos, o agarimo e a aceptación incondicional.

Unha aula chea de nais, pais e profesores preocupados e ocupados por pasar de ensinar aos seus máis pequenos a EDUCAR con todas as letras e co corazón, porque educar aos nosos fillos e fillas é darlle as ferramentas que necesitan para que poidan sortear a vida e facer desta a máis plena que lles sexa posible. O martes achegámonos un pouquiño. Grazas á organización e a todos os pais e nais pola súa sensibilidade, inquietude e, sobre todo, por marcar a diferenza. 

CHARLA SENSIBILIZACIÓN NO IES MARÍA SOLIÑO

22nd Febreiro 201619th Setembro 2016 asociacion diversidades

24891511400_d6d31113e3_zO pasado 16 de febreiro tivemos o pracer de poder impartir unha charla de sensibilización no instituto María Soliño (Cangas).
Estas charlas están desenvolvidas no marco do noso proxecto Pregatirea Maine, onde o principal obxectivo do acto era conseguir que os alumnos entendesen a inmigración desde outro punto de vista, tentar que empatizaran coas persoas que buscan unha vida mellor noutro país e as dificultades que pasan para integrarse nunha nova cultura, e ao mesmo tempo, facerlles comprender dunha maneira práctica, que as etiquetas impostas ás persoas estranxeiras dificultan a súa inserción social, e que eles poden  participar no cambio desta situación.

A charla foi realizada polo noso compañeiro Hafdallah, un psicólogo saharauí, que conta cunha gran capacidade para tratar con rapaces.
Tras facer unha introdución sobre os aspectos básicos que implica a inmigración, realizou un xogo de rol “A discoetiqueta”, que consistía en etiquetar a oito alumnos e facer que entre eles se tratasen segundo a súa etiqueta nun ambiente de discoteca. Nalgúns casos as etiquetas eran positivas, como “abrázame”, e noutros casos eran negativas, como “expúlsame do grupo”, “insúltame”. Neste xogo a intención era facer comprender aos alumnos, que a forma que temos de etiquetar ás persoas en base a prexuízos poden facer dano a aqueles que se lle impoñen esas etiquetas, e que antes de etiquetar debemos pensar en como sentirá esa persoa cando nos relacionemos con ela desa maneira. E para finalizar contoulles a súa historia de vida, unha historia realmente impactante, non só pola parte máis dramática da situación que viviu, senón tamén pola capacidade de resiliencia que tivo ao longo da súa vida.

O desenvolvemento da charla fixo que a medida que avanzaba, os alumnos fosen empatizando progresivamente co colectivo inmigrante, sendo o final da charla o máis emotivo, probablemente pola historia de vida contada en primeira persoa por Hafdallah.

Día internacional do pobo xitano

13th Abril 2015 Diversidades
Español para estranxeiras

Voluntariado con mulleres inmigrantes

7th Xaneiro 2015 Diversidades

Descrición da actividade

Mulleres con capacidade para a didáctica da lingua española cun grupo moi heteroxéneo en canto a procedencia e dominio da lingua española.

Horario:

Mércores

16:00 – 17:30 Horas

Perfil de voluntariado

Mulleres con competencias para a docencia da lingua española en contextos interculturais.

Polícia local contra pessoas que procuram comida nos contentores | Esculca

20th Setembro 2014 Diversidades

Polícia local contra pessoas que procuram comida nos contentores | Esculca.

Obradoiros de diversidade cultural no IES Mugardos

31st Marzo 2014 Diversidades

O IES Mugardos foi hoxe o anfitrión duns obradoiros de interculturalidade que teñen por finalidade realizar un achegamento á cultura e á realidade xitana na nosa terra, partindo da experiencia cultural de cada quen, da valorización da propia experiencia como base para a valorización da experiencia allea. Os obradoiros desta mañá serviron tamén para traballar a empatía, a asertividade e a escoita activa, habilidades sociais imprescindibles para a convivencia e para o desenvolvemento persoal. Participou o alumnado de 1º e 2º da ESO, en dinámicas que tiñan como base os textos de Eduardo Galeano (El mundo patas arriba) e unha pintada nun muro dunha cidade, que nos lembra a interdependencia entre países e culturas na nosa vida cotiá.

Estes obradoiros terán continuidade o vindeiro 8 de abril, Día Internacional do Pobo Xitano, en que completaremos a xeira con estudantes de 3º de ESO e PCPI. Os obradoiros inclúen, ademais, unha sesión co profesorado en que traballaremos a continuidade da abordaxe da convivencia coa diversidade cultural.

Lei Xitana?

2nd Marzo 2014 Diversidades

Diversidade cultural no curso de Lingua Española

29th Novembro 2013 Diversidades
ImaxeUn numeroso grupo de mulleres participa desde o pasado 22 de outubro no curso de lingua española para estranxeiros organizado pola Asociación Diversidades. O Curso realízase de luns a xoves na sede da asociación en horario de 16:00 a 18:00.

Concibido inicialmente pensando na poboación romanesa da cidade de Vigo, o grupo que acabou realizando o curso de Español para estranxeiros foi bastante máis plural na súa configuración, incluíndo persoas de Senegal, Rusia, Ucraína, Brasil, Corea e, por suposto, Romanía.

O curso desenvolve temas da vida cotiá, pensados para a interacción social nos medios máis habituais, nomeadamente aqueles en que as persoas en risco de exclusión procuran alternativas para unha vida máis plena.
Aínda que se traballaron tamén cuestións de comprensión e expresión escrita, especialmente pensadas para aquelas participantes que teñen un maior nivel de lectoescritura na súa lingua natal, o curso está pensado para desenvolver as habilidades de comprensión e expresión oral, determinantes no día a día de calquera persoa.
O curso está constituíndo, ademais, un excelente momento de encontro entre persoas de diferentes culturas que practican, xunto coa lingua, a tolerancia, a convivencia e a construcción dunha sociedade intercultural.

Nova andaina do programa Bun Venit

29th Novembro 2013 Diversidades

O programa Bun Venit, que tivo unha primeira andaina durante a primavera do presente  2013, volve con forza para o outono, coincidindo coa recepción dun grupo de estudantes de intercambio.
Ademais das accións de mediación coas que se puxo en marcha o proxecto de itinerarios de inclusión, agora éstes van ser reforzados con diferentes accións formativas:

  • Español para estranxeiros
  • Competencias – Clave
  • Comercio 1 (teoría e práctica).

Esta aposta formativa pretende reforzar as capacidades existentes na poboación romanesa de Vigo e facilitar a súa inserción no mercado de traballo.

Artigos recentes

  • Fin de curso – Sociedade de Acollida 2021
  • Diversidades en poesía
  • Curso de neolectoras
  • Música para a igualdade con Wöyza
  • Día Internacional da Muller

Falamos de

  • Inclusión
  • Igualdade
  • Mediación
  • Formación
  • Lingua Española
  • Novas
  • Convivencia
  • Interculturalidade
  • Voluntariado
Privacidade e cookies: este sitio utiliza cookies. Ao continuar utilizando este sitio web, aceptas o seu uso.
Para obter máis información, incluído como controlar as cookies, consulta aquí: Política de cookies

Artigos recentes

  • Fin de curso – Sociedade de Acollida 2021
  • Diversidades en poesía
  • Curso de neolectoras
  • Música para a igualdade con Wöyza
  • Día Internacional da Muller

FALAMOS DE:

  • Acollida
  • B-Team
  • Bros
  • Categorías
  • Competencias – Clave
  • Conecta-Cultura
  • Convivencia
  • Dereitos Humanos
  • Educación
  • Emprego
  • Escola de Segunda Oportunidade
  • Formación
    • Am Drepturi
    • Comercio
    • Lingua Española
    • Sociedade de Acollida
  • Igualdade
  • Inclusión
  • Interculturalidade
  • Mediación
  • Migración
  • Novas
    • Protección Internacional
  • Redes
  • Refuxiadas
  • Tolerancia
  • Varia
  • Voluntariado

Artigos recentes

  • Fin de curso – Sociedade de Acollida 2021
  • Diversidades en poesía
  • Curso de neolectoras
  • Música para a igualdade con Wöyza
  • Día Internacional da Muller
Privacidade e cookies: este sitio utiliza cookies. Ao continuar utilizando este sitio web, aceptas o seu uso.
Para obter máis información, incluído como controlar as cookies, consulta aquí: Política de cookies
Theme: Pena Lite