8 de abril: a discriminación é falta de Educación

  • -

8 de abril: a discriminación é falta de Educación

Compartimos o vídeo da Rede Europea contra a Pobreza en Portugal.

Por unha Europa sen Discriminación. Por unha participación social plena da comunidade xitana!

Opre Romá!


  • -

Unha carreira profesional prometedora

Celeste na Taberna de AntesCeleste Gómez, que hai agora un ano se convertera na primeira xitana do Concello de Vilaboa en titular en Secundaria Obrigatoria (ESO), ven de avanzar un paso máis tras concluír o seu primeiro curso do Ciclo Medio en Cociña e Gastronomía no CIFP Carlos Oroza de Pontevedra. Durante este verán será cociñeira de A Taberna de Antes, un local con encanto situado na parroquia de Santa Cristina de Cobres, Vilaboa. Comeza así unha carreira profesional, directamente relacionada co seu ámbito formativo, que promete darlle / darnos moitas alegrías.


  • -

  • -

Celeste estudará Cociña en Pontevedra

Alumnos del IES Carlos Oroza en una clase práctica. // Rafa Vázquez

Alumnos do IES Carlos Oroza // Rafa Vázquez // Faro de Vigo

Ao concluír os seus estudos obrigatorios Celeste Gómez, a primeira xitana de Vilaboa titulada en ESO, decidiu continuar preparándose. Tiña unha boa nota pata acceder á Formación Profesional e optou por un Ciclo Medio de Cociña w restauración.
Hoxe fixéronse públicas as listas definitivas cconfirmando a súa primeira elección tanto en especialidade como en Centro Educativo : o Carlos Oroza de Pontevedra.