Antía finaliza as súas prácticas

  • -

Antía finaliza as súas prácticas

Fin-practicas-AntiaEste xoves, 31 de marzo, finalizou as súas prácticas do grao en Socioloxía a nosa compañeira Antía Barros. Durante estes dous meses, Antía contribuíu á creación de coñecemento social arredor das problemáticas dos adolescentes inmigrantes, especialmente os romaneses, na cidade de Vigo, colaborou activamente no desenvolvemento das actividades de sensibilización do proxecto Pregatirea Maine, achegouse ás problemáticas das mulleres inmigrantes, de persoas en situación de desemprego de longa duración e ás diferentes cuestións vinculadas coa residencia e o acceso á nacionalidade das persoas estranxeiras. Tamén realizou un importante achegamento á situación social e educativa da comunidade xitana en Galicia.

Agradecemos fondamente a Antía a súa ilusión polo traballo e a súa profesionalidade e desexamos contar coa súa colaboración activa para o futuro.


  • -

Finaliza o curso de Formación sobre Introducción á Sociedade de Acollida

IMG_0822

Rematou hoxe, 17 de marzo de 2016, o curso de formación sobre Introducción á Socieade de Acollida que a Asociación Diversidades realizou nos locais da Parroquia do Sagrado Corazón, financiado pola Xunta de Galicia e cofinanciado parcialmente polo Fondo Social Europeo.

Era a primeira vez que a Asociación Diversidades promovía esta formación e o resultado é moi satisfactorio. O curso tivo unha gran difusión por boa parte da rede que traballa con persoas inmigrantes en Vigo e na súa bisbarra. Os participantes quedaron moi satisfeitos e o ambiente do curso foi dunha gran fluidez nos contidos e nas relacións entre persoas e culturas.

Desexamos moita sorte a quen van utilizar esta formación como base para a realización das probas de nacionalidade!


  • -

Celebramos o Aninovo Chino

 

A nosa alumna Xaiolu Yang envíanos desde Shanghai unhas fotos das celebracións do Aninovo Chinés, coa chegada do Ano do Mono de Lume.

O ano 4714 da cronoloxía chinesa foi o ano que recibiron os chineses o 8 de febreiro do noso ano 2016, o ano do Mono de Lume, que terminará o 27 de xaneiro de 2017. Para entender algo máis da cronoloxía do calendario chinés hai que saber que a celebración do ano novo chinés comeza coa primeira lúa nova do primeiro día de ano novo e finaliza coa lúa chea. Para marcar ese primeiro día do ano novo

elíxese o día da lúa nova máis próximo ao día equidistante entre o Solsticio de Inverno e o Equinoccio de Primavera, no hemisferio Norte, xusto 45 días distantes entre un e outro aproximadamente, por iso é polo que nunca sexa o mesmo día de comezo de ano a diferenza do calendario Gregoriano, que sempre se celebra o Ano Novo o 01 de xaneiro. Con esta festividade dá por comezado un novo ano para aqueles países que se rexen polo calendario lunar.


  • -

Curso de español para mulleres estranxeiras 2015 2016

DSC_0013

Curso de español para mulleres estranxeiras

Clases dende o día 20 de outubro ata o 17 de decembro

Horario:

De 16.00 á 18.00

Lugar:

Oficina de Diversidades: Velázquez Moreno 9, 3º. Of. 313. Vigo

Tf: 886.117.990

Contamos contigo!

www.diversidades.org

Logo concello Vigo


  • -

Xornadas de convivencia

Mayor Zaragoza en Vigo

Mayor Zaragoza nas Xornadas de Convivencia do Consello Escolar de Vigo

O que falas fala de ti.