Nikolai
Category : Interculturalidade , Mediación , Novas
Hoxe, logo de 25 anos negándoselle os dereitos humanos máis básicos, Nikolai, cidadán do mundo, ten un documento que recoñece a súa personalidade. E comeza a ter dereito a residir onde el elixa, con liberdade, sen ser perseguido por iso.
Hoxe foi un día feliz para Nikolai.
Para a Asociación Diversidades, hoxe foi un día grande.
Da Declaración Universal de Dereitos Humanos:
Artigo 6ª.
Todo ser humano ten dereito, en tódalas partes, ó recoñecemento da súa persoalidade.
Artigo 13ª.
- Toda persoa ten dereito a circular libremente e a elixir a súa residencia no territorio dun estado.
- Toda persoa ten dereito a saír de calquera país, incluso do propio, e a voltar ó seu país.
Artigo 14ª.
- En caso de persecución, toda persoa ten dereito a buscar asilo, e a disfrutar del, en calquera país.
- Este dereito non poderá ser invocado contra unha acción xudicial realmente orixinada por delictos comúns ou por actos opostos ós propósitos e principios das Nacións Unidas.
Artigo 15ª.
- Toda persoa ten dereito a unha nacionalidade.
- Ninguín será privado arbitrariamente da súa nacionalidade nin do dereito a cambiar de nacionalidade.
Esta acción foi posible grazas ao apoio da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo.