Obradoiro de Busca de Emprego

  • -

Obradoiro de Busca de Emprego

 

No marco do Programa Bun Venit – Itinerarios de Inclusión, a Asociación Diversidades convoca un Obradoiro de Busca de Emprego, para todas aquelas persoas interesadas en mellorar as súas competencias para atopar un traballo.

Datas: Luns 24 e 31 de outubro, 7 e 14 de novembro.

Horario: 16:30 – 18:00

Lugar de celebración: Asociación Diversidades (Avda García Barbón 36, 3º, Oficina 1).

Obxectivos:

  • Coñecer as principais características dos procesos de selección das empresas e empregadores particulares.
  • Mellorar as competencias de Busca de Emprego.
  • Mobilizar as enerxías persoais e de grupo para a obtención dun posto de traballo.

Contidos:

  • Preparación previa
  • A entrega de CVs
  • A entrevista
  • ¿Qué facer despois da entrevista?

Participantes: Persoas en busca activa de emprego (BAE); persoas desempregadas con intención de activar a súa busca activa de emprego.

Anímate e participa.

cons_politica_social-corlogo FSEgalicia

 


  • -

Unha carreira profesional prometedora

Celeste na Taberna de AntesCeleste Gómez, que hai agora un ano se convertera na primeira xitana do Concello de Vilaboa en titular en Secundaria Obrigatoria (ESO), ven de avanzar un paso máis tras concluír o seu primeiro curso do Ciclo Medio en Cociña e Gastronomía no CIFP Carlos Oroza de Pontevedra. Durante este verán será cociñeira de A Taberna de Antes, un local con encanto situado na parroquia de Santa Cristina de Cobres, Vilaboa. Comeza así unha carreira profesional, directamente relacionada co seu ámbito formativo, que promete darlle / darnos moitas alegrías.


  • 1

Competencias Clave

Este sábado 23 de maio a Asociación Diversidades desprazouse a Silleda para asistir á realización dos exames anuais dé Competencias- clave, convocadas polo Instituto Galego das Cualificacións da Consellería de Traballo e Benestar.

Un total de once persoas de sete nacionalidades realizaron as probas de nivel dous e unha as de nivel tres. Delas, dez acudiron a Silleda nun autobús financiado pola Deputación Provincial de Pontevedra, outra persoa desprazouse cos medios dunha entidade social e unha última, nun vehículo particular. Acompañaron a xornada a coordinadora das clases de Lingua Española para Mulleres Estranxeiras, Belén Arranz, e o coordinador de Competencias-clave, Santiago G. Avión.

  As probas de Lingua Galega, Lingua Española e Matemáticas desenvolvéronse conforme ao previsible, con maior dificultade para o razoamento matemático. Sen embargo, foi a proba de Lingua Inglesa a que presentou unha dificultade inusual. A presenza dun texto redactado en pasado, inzado de verbos irregulares, complicaba a resolución do exercicio. Ademais, o texto proposto para redactar trataba sobre a reserva dunha mesa nun restaurante, lonxe das presentacións individuais e familiares ás que estamos habituados.

  A pesar destas dificultades, temos a confianza plena en que unha maioría do alumnado vai superar o conxunto das probas, para poder seguir avanzando no seu itinerarios de inserción sociolaboral.


  • -