Curso de formación para neolectores 2019

O grupo de Neolectores de 2018

Curso de formación para neolectores 2019

Comeza o novo ano e renovamos a nosa aposta pola mellora das competencias básicas e profesionais das persoas con maiores dificultades de inclusión social, especialmente inmigrantes e minorías.

A partir do 15 de xaneiro e ata o 30 de abril de 2019 imos desenvolver un novo curso para persoas cunha alfabetización limitada, ben porque se produciu na idade adulta, e necesita un reforzo, ben porque non se completou a escolaridade obrigatoria con éxito, dando lugar a graves deficiencias ou mesmo a situacións de analfabetismo funcional.

Data de inicio: 15 de xaneiro de 2019

Data de finalización: 02de maio de 2019

Horario: 16:00 – 18:30

Información e inscricións: Asociación Diversidades


Concello de Vigo