O pasado venres día 23 de novembro, tivemos a oportunidade de participar na Aula Social que realizan as traballadoras sociais dos centros sanitarios no Hospital Nicolás Peña, na que se presentou, entre outros, o proxecto de Retorno Voluntario que levamos a cabo na asociación. Xunto a nós tamén presentou o seu traballo a Asociación Provivienda coa que tamén colaboramos para dar saída a situacións específicas de vivenda.
Agradecer ás traballadoras sociais polo seu interese e por convidarnos a participar e a compartir nun espazo tan interesante como necesario.
Arquivos da etiqueta: Formación
Formación para mozas e mozos desempregados

Un ano máis, pomos en marcha o curso de Competencias Clave para mozas que non teñen a ESO e queren mellorar as súas posibilidades de atopar un emprego ou seguir formándose.
Aberto prazo de inscrición.
Comezo do Curso: 24 de setembro
Finalización: Maio 2019
Horarios: 9:30 – 13:30 de luns a venres.

Escola de Segunda Oportunidade
Competencias Clave nivel 2
O próximo mes de setembro poremos en marcha o noso proxecto BROs . Un ano máis queremos ofrecer unha segunda oportunidade ás mozas e mozos de entre 16 e 21 anos que se atopan fóra do sistema educativo, sen o título de graduado en ESO e que desexen adquirir un nivel de cualificación que lles permita mellorar a súa empregabilidade ou o retorno ao sistema educativo.
A formación será unha preparación das Competencias Clave nivel 2, cunha metodoloxía baseada no aprendizaxe por proxectos durante os 9 meses.
O curso comezará o día 18 de setembro de 2017 e finalizará o 18 de maio de 2018.
O horario é de luns á venres de 09:30h. a 13:30h.
Realizarase na nosa sede en García Barbón 36, 3º oficina 1.
Para inscribirse ao curso poden poñerse en contacto connosco no 886 117 990 / 604 02 82 47, ou pasarse pola nosa sede en García Barbón 36, 3º oficina 1. Vigo
![]() |
![]() |
![]() |
Antía finaliza as súas prácticas
Este xoves, 31 de marzo, finalizou as súas prácticas do grao en Socioloxía a nosa compañeira Antía Barros. Durante estes dous meses, Antía contribuíu á creación de coñecemento social arredor das problemáticas dos adolescentes inmigrantes, especialmente os romaneses, na cidade de Vigo, colaborou activamente no desenvolvemento das actividades de sensibilización do proxecto Pregatirea Maine, achegouse ás problemáticas das mulleres inmigrantes, de persoas en situación de desemprego de longa duración e ás diferentes cuestións vinculadas coa residencia e o acceso á nacionalidade das persoas estranxeiras. Tamén realizou un importante achegamento á situación social e educativa da comunidade xitana en Galicia.
Agradecemos fondamente a Antía a súa ilusión polo traballo e a súa profesionalidade e desexamos contar coa súa colaboración activa para o futuro.
Finaliza o curso de Formación sobre Introducción á Sociedade de Acollida
Rematou hoxe, 17 de marzo de 2016, o curso de formación sobre Introducción á Socieade de Acollida que a Asociación Diversidades realizou nos locais da Parroquia do Sagrado Corazón, financiado pola Xunta de Galicia e cofinanciado parcialmente polo Fondo Social Europeo.
Era a primeira vez que a Asociación Diversidades promovía esta formación e o resultado é moi satisfactorio. O curso tivo unha gran difusión por boa parte da rede que traballa con persoas inmigrantes en Vigo e na súa bisbarra. Os participantes quedaron moi satisfeitos e o ambiente do curso foi dunha gran fluidez nos contidos e nas relacións entre persoas e culturas.
Desexamos moita sorte a quen van utilizar esta formación como base para a realización das probas de nacionalidade!
Formación sobre a sociedade de acollida
Información xeral
Introdución ao funcionamento e caraterísticas da sociedade de acollida, formación no coñecemento e respecto dos valores constitucionais, estaturarios e da Unión Europea, do dereitos humanos e liberdades públicas, de tolerancia e igualdade entre homes e mulleres, e calquera outra formación que resulte necesaria para a tención das súas necesidades específicas.
Lugar
Centro Parroquial Sagrado Corazón
Rosalía de Castro 56, baixo
36201 – Vigo
Horarios
De luns a Xoves, de 10:00 a 12:00
Calendario
Do 9 ao 26 de novembro de 2015.
Máis información:
Asociación Diversidades
www.diversidades.org / info@diversidades.org /
Teléfono 886 117 990 / 669 794 398
Memoria 2014
2014 deixa boas noticias!
CPI O Toural – Vilaboa
Celeste Gómez consegue o título de Graduado de ESO!
Continúa os seus estudos de Formación Profesional en Pontevedra!
E ademais …
O Toural 2014
Nome do programa: Intervención socioeducativa “Convivencia, expectativas educativas e éxito escolar en Vilaboa 2014”.
Lugar de realización: CPI O Toural de Vilaboa
Data de Inicio: 10/01/2014
Data de finalización: 30/06/2014
Participantes totais: 18 Persoas
Financiador: CPI O Toural de Vilaboa
Bun Venit 2014
Nome do programa: Itinerarios de Inclusión Social “Bun Venit”.
Lugar de realización: Vigo
Data de finalización: 30/11/2014
Participantes totais: 98 Persoas
Financiador: Xunta de Galicia / Fondo Social Europeo
Leonardo Mobility 2014
Nome do programa: Leonardo Mobility Project 2014 Professional mobility for social mediators.
Lugar de realización: Vigo
Data de Inicio: 19/05/2014
Data de finalización: 31/05/2014
Participantes totais: 5 Persoas
Financiador: Dual Smart Brasov / Leonardo da Vinci Agency
Leonardo Mobility 2014 (2)
Nome do programa: Leonardo Mobility Project 2014 Professional mobility for social mediators.
Data de Inicio: 6/10/2014
Data de finalización: 17/10/2014
Participantes totais: 5 Persoas
Financiador: Dual Smart Brasov / Leonardo da Vinci Agency
Obradoiros IES Mugardos
Nome do programa: Obradoiros interculturais IES Mugardos.
Lugar de realización: Mugardos
Data de finalización: 8/04/2014
Participantes totais: 150 Persoas
Financiador: Xunta de Galicia / Consellería de Educación
Integrating Gypsy Travellers
Nome do programa: Formación “Integrating Gypsy Travellers into our school.
Lugar de realización: Vigo
Data de realización: 20/05/2013
Participantes totais: 75 Persoas
Financiador: Xunta de Galicia / CFR Ferrol
Bun Venit Competencias- Clave 2014
Nome do programa: Formación “Bun Venit” Competencias – Clave.
Lugar de realización: Vigo
Data de Inicio: 25/09/2014
Data de finalización: 25/11/2014
Participantes totais: 15 Persoas
Financiador: Xunta de Galicia / Fondo Social Europeo
Bun Venit Español 2014
Nome do programa: Formación “Bun Venit” Español para Estranxeiros.
Lugar de realización: Vigo
Data de finalización: 20/11/2014
Participantes totais: 12 Persoas
Financiador: Xunta de Galicia / Fondo Social Europeo