Diversidades Acolle participa no Proxecto Elaine

Eliana e Alisson con Belén en Catoira. Elaine 2.0

Diversidades Acolle participa no Proxecto Elaine

Consecuencias familiares das longas xornadas de Traballo

O pasado 19 de xuño, a Asociación Diversidades Acolle presentou un relatorio sobre “Consecuencias familiares relacionadas con las largas jornadas de trabajo de inmigrantes y refugiados” nas xornadas do proxecto Elaine celebradas no Concello de Catoira.

A mesa redonda estivo moderada por Belén Arranz, sendo as relatoras Eliana Mendoza e Alisson Castro. O contido da súa intervención pode ser consultado a través das súas achegas:


Aula Social

O pasado venres día 23 de novembro, tivemos a oportunidade de participar na Aula Social que realizan as traballadoras sociais dos centros sanitarios no Hospital Nicolás Peña, na que se presentou, entre outros, o proxecto de Retorno Voluntario que levamos a cabo na asociación. Xunto a nós tamén presentou o seu traballo a Asociación Provivienda coa que tamén colaboramos para dar saída a situacións específicas de vivenda. 
Agradecer ás traballadoras sociais polo seu interese e por convidarnos a participar e a compartir nun espazo tan interesante como necesario.