Nova quenda do Curso de Introducción á Sociedade de Acollida

Nova quenda do Curso de Introducción á Sociedade de Acollida

Vigo, 14/03/2018

O vindeiro 2 de abril e ata o 15 de xuño, celébrase unha nova quenda do Curso de Introducción á Sociedade de Acollida, pensado para facilitar o arraigo na nosa sociedade, o perfeccionamiento do coñecemento da lingua española e a posibilidade de preparar os exames de acceso á nacionalidade.


O Director Xeral de Inclusión visita Diversidades Acolle

Vigo, 26 de xaneiro 2018

O Director Xeral de Inclusión, Arturo Parrado, visita os proxectos de Inclusión Social da Asociación Diversidades Acolle

Arturo Parrado, Director Xeral de Inclusión Social

O Director Xeral de Inclusión Social da Consellería de Política Social , Arturo Parrado, acompañado polo Delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves e pola Xefa Territorial, Marta Iglesias Bueno, achegáronse esta mañá á sede Diversidades Acolle para interesarse polos proxectos da nosa Asociación, especialmente por aqueles que son financiados directamente a través da Orde de Inclusión Social. Puideron coñecer e saudar persoalmente aos participantes no proxecto BROS, ao alumnos do curso de Introdución á Sociedade de Acollida, así como comprobar de primeira man os resultados de inserción laboral e de regularización administrativa dos participantes nos itinerarios individualizados en nas accións de mediación.

No encontro estiveron presentes unha representación do voluntariado da Asociación e tamén a maior parte dos profesionais que integramos o equipo técnico, escusando a súa asistencia a nosa presidenta, Amparo Ramilo, por motivos laborais.

“Read More”

Asemblea Red Acoge - Salamanca

Asociación Diversidades intégrase na Red Acoge

Category : Novas , Redes

Os días 10 e 11 de xuño de 2017 celebrouse en Salamanca a Asemblea Ordinaria anunal da Red Acoge. Entre os acordos adoptados, a Asociación Diversidades pasa a ser membro da Rede.

A Asociación Diversidades agradece a acollida recibida e manifesta a súa intención de contribuír ao fortalecemento da Rede.


Unha vida mellor

Intervención de Belén Arranz nas Xornadas de Inmigración e Integración do ESOMI – Universidade da Coruña

O pasado martes, 2 de maio de 2017, a nosa compañeira Belén Arranz realizou unha intervención nas Xornadas de Inmigración e Integración do ESOMI, na Universidade da Coruña. Pódese consultar o programa completo aquí.

A intervención resume tanto a investigación sobre as dinámicas migratorias dos grupos familiares extensos procedentes de Romanía, pertencentes ás minorías étnicas xitanas, como os longos anos de experiencia na intervención social directa con esta poboación.


Antía finaliza as súas prácticas

Fin-practicas-AntiaEste xoves, 31 de marzo, finalizou as súas prácticas do grao en Socioloxía a nosa compañeira Antía Barros. Durante estes dous meses, Antía contribuíu á creación de coñecemento social arredor das problemáticas dos adolescentes inmigrantes, especialmente os romaneses, na cidade de Vigo, colaborou activamente no desenvolvemento das actividades de sensibilización do proxecto Pregatirea Maine, achegouse ás problemáticas das mulleres inmigrantes, de persoas en situación de desemprego de longa duración e ás diferentes cuestións vinculadas coa residencia e o acceso á nacionalidade das persoas estranxeiras. Tamén realizou un importante achegamento á situación social e educativa da comunidade xitana en Galicia.

Agradecemos fondamente a Antía a súa ilusión polo traballo e a súa profesionalidade e desexamos contar coa súa colaboración activa para o futuro.


Finaliza o curso de Formación sobre Introducción á Sociedade de Acollida

IMG_0822

Rematou hoxe, 17 de marzo de 2016, o curso de formación sobre Introducción á Socieade de Acollida que a Asociación Diversidades realizou nos locais da Parroquia do Sagrado Corazón, financiado pola Xunta de Galicia e cofinanciado parcialmente polo Fondo Social Europeo.

Era a primeira vez que a Asociación Diversidades promovía esta formación e o resultado é moi satisfactorio. O curso tivo unha gran difusión por boa parte da rede que traballa con persoas inmigrantes en Vigo e na súa bisbarra. Os participantes quedaron moi satisfeitos e o ambiente do curso foi dunha gran fluidez nos contidos e nas relacións entre persoas e culturas.

Desexamos moita sorte a quen van utilizar esta formación como base para a realización das probas de nacionalidade!


Inauguración da Igrexa Evanxélica Romanesa

Este venres 12 de febreiro participamos na inauguración da Igrexa Evanxélica que promove a comunidade romanesa de Vigo.

Foi unha grata experiencia de convivencia intercultural.

A maioría dos presentes eran de nacionalidade romanesa e de cultura romaní, polo que a celebración tivo lugar en lingua romanesa.


Servizos para os refuxiados

wellcomerefugeesA Asociación Diversidades presentou este luns a súa proposta para a acollida na cidade de Vigo de refuxiados sirios (ou procedentes doutros conflitos de Oriente Medio).

Trátase de prestar servizos de interpretación e tradución, de información, de asesoramento e de introdución na sociedade galega, co coñecemento da lingua, dos costumes e do acceso ao mercado de traballo.

Trátase dun servizo complementario respecto dos esenciais de acceso ao aloxamento e manutención inicial, sobre os que están a traballar outras entidades.

Desde a Asociación Diversidades confiamos en que se poida chegar canto antes a un acordo que poña fin ao espectáculo dunha Europa dividida e tentada pola xenofobia nun momento que require unidade de acción e xenerosidade respecto das vítimas das guerras e dos conflitos políticos, económicos, culturais e relixiosos que sacoden Oriente Medio.

Servizos para refuxiados sirios 2015


Diversidades no curso de Estranxería do Colexio de Avogados de Vigo

Curso estranxería no colexio de avogados de VigoO pasado venres, 10 de abril, a Asociación diversidades participou en calidade de relatora nun curso sobre estranxería organizado pola Comisión de Dereitos Fundamentais da Agrupación de Avogados Novos de Vigo. O financiamento e o soporte para a organización correu a cargo do Ilustrísimo Colexio de Avogados de Vigo, en cuxas dependencias se desenvolveu a xornada de traballo.

O punto de vista que adoptaron os organizadores foi tratar a estranxería como un problema au mesmo tempo legal e social, polo que os contidos xurídicos foron complementados coa visión da intervención social que achegaron o Foro Galego da Inmigración, a Asociación Islámica de Vigo, a Asociación de Brasileiros de Galicia (ABRIGA) xunto coa Asociación Diversidades.

Ademais, a organización insistiu en que a estranxería non constitúe unha actividade lucrativa, pero achega á avogacía un importante desenvolvemento profesional e un notable compromiso social. En relación con este aspecto, a mellora da quenda de oficio co apoio da Comisión de Dereitos Fundamentais e coa colaboración das organizacións sociais.