Antía finaliza as súas prácticas

  • -

Antía finaliza as súas prácticas

Fin-practicas-AntiaEste xoves, 31 de marzo, finalizou as súas prácticas do grao en Socioloxía a nosa compañeira Antía Barros. Durante estes dous meses, Antía contribuíu á creación de coñecemento social arredor das problemáticas dos adolescentes inmigrantes, especialmente os romaneses, na cidade de Vigo, colaborou activamente no desenvolvemento das actividades de sensibilización do proxecto Pregatirea Maine, achegouse ás problemáticas das mulleres inmigrantes, de persoas en situación de desemprego de longa duración e ás diferentes cuestións vinculadas coa residencia e o acceso á nacionalidade das persoas estranxeiras. Tamén realizou un importante achegamento á situación social e educativa da comunidade xitana en Galicia.

Agradecemos fondamente a Antía a súa ilusión polo traballo e a súa profesionalidade e desexamos contar coa súa colaboración activa para o futuro.


  • -

Unha carreira profesional prometedora

Celeste na Taberna de AntesCeleste Gómez, que hai agora un ano se convertera na primeira xitana do Concello de Vilaboa en titular en Secundaria Obrigatoria (ESO), ven de avanzar un paso máis tras concluír o seu primeiro curso do Ciclo Medio en Cociña e Gastronomía no CIFP Carlos Oroza de Pontevedra. Durante este verán será cociñeira de A Taberna de Antes, un local con encanto situado na parroquia de Santa Cristina de Cobres, Vilaboa. Comeza así unha carreira profesional, directamente relacionada co seu ámbito formativo, que promete darlle / darnos moitas alegrías.


  • -
Proxecto Miles 8

Colaboración co Proxecto MILES (Universidade Vigo)

Proxecto Miles 5

Colaboración da Asociación Diversidades co Proxecto MILES da Universidade de Vigo Proxecto Miles 2 Proxecto Miles 3 Proxecto Miles 4 Proxecto Miles 6 Proxecto Miles 7 Proxecto Miles 8


  • -
Español para estranxeiras

Voluntariado con mulleres inmigrantes

Descrición da actividade

Mulleres con capacidade para a didáctica da lingua española cun grupo moi heteroxéneo en canto a procedencia e dominio da lingua española.

Horario:

Mércores

16:00 – 17:30 Horas

Perfil de voluntariado

Mulleres con competencias para a docencia da lingua española en contextos interculturais.


  • -

Finaliza o LdV Mobiliy Project 2014


  • -

Técnicos de servizos sociais de Romanía coñecen de primeira man os recursos de familia e inclusión da Xunta

Técnicos de servizos sociais de Romanía coñecen de primeira man os recursoXunta LdV Mobility Project 2014s de familia e inclusión da Xunta

A directora xeral de Familia e Inclusión, Amparo González, mantivo hoxe en Santiago unha xuntanza con profesionais técnicos deste país para explicarlles o funcionamento do sistema galego de servizos sociais

Mostroulles información do eido social desde o punto de vista normativo e da organización e integración dos servizos

Os técnicos romanos visitaron a vivenda para menores do programa Mentor en San Lázaro e a casa de familia ‘Arela’ de Conxo


  • -

COMEZA A SEGUNDA SEMANA DE TRABALLO DO PROXECTO PROFESSIONAL MOBILITY FOR SOCIAL MEDIATORS

FOANPAS

Durante a primeira semana de traballo, os profesionais romaneses coñeceron o Sistema de Servizos Sociais de Galicia, así como o sistema Educativo. Durante a segunda semana, achegaranse ao sistema sanitario e profundarán sobres Servizos Sociais e Educación. Unha visita institucional á Consellería de Traballo e Benestar o mércores, constitúe o punto central dos traballos.

VIGO, 25 DE MAIO DE 2014: Despois dunha xornada inaugural, celebrada o luns 19 na sede da Asociación Diversidades, o martes 20 o grupo de profesionais dos servizos sociais romaneses que participan no Mobility Project desprazáronse a Ferrol para coñecer o traballo de AGAMME contra os malos tratos infantís e para participar nunha xornada organizada polo Centro de Formación e Recursos do Profesorado de Ferrol, cuxo centro era un relatorio da Asociación Diversidades sobre os factores éxito educativo do alumnado xitano en Galicia. O mércores 21 puideron visitar Radio ECCA durante a mañá. Pola tarde foi a quenda para o Programa Na Rúa, da Fundación Juan Soñador. O xoves 22, da man de FOANPAS puideron visitar un Centro Educativo e coñeceron a experiencia dos comedores escolares xestionados polas ANPAS, ademais de participar nunha conferencia de formación para nais e pais. En Romanía non existen asociacións de Pais e Nais de alumnos nos Centros Educativos, polo que esta experiencia resulta en grao sumo enriquecedora. O venres 23 visitaron unha familia romanesa residente en Vigo e coñeceron o seu punto de vista sobre a situación social en Galicia e a súa perspectiva sobre a inclusión social.
O sábado 24, por cortesía da Concellería de Turismo do Concello de Vigo, gozaron dunha viaxe a Cíes.
A semana que resta de programa formativo está repleta de contidos, con visita o luns 26 ao Centro de Saúde de Teis, ao Centro de Emerxencias dás Mulleres de Vigo e a unha sesión de terapia con cans de nenos con dificultades de aprendizaxe. O martes 27 comezará cunha mañá de traballo coa experiencia pedagóxica Colexio Escultor Acuña, para achegarse aos problemas e as potencialidades de aprendizaxe das persoas xordas. Pola tarde, coñecerán a experiencia de AYUVI, dando soporte ás nais para o coidado e a crianza dos seus fillos e fillas.
O mércores 28 visitarán a Xunta de Galicia, onde serán recibidos por responsables da Consellería de Traballo e Benestar, co fin de obter unha visión panorámica dos Servizos Sociais en Galicia e especialmente da Atención a Menores en risco.
O xoves 29 será para o CPI O Toural de Vilaboa, onde a Asociación Diversidades desenvolve unha experiencia pioneira que pretende involucrar aos pais e nais do alumnado xitano na educación dos seus fillos.
A xornada do venres será de avaliación e permitirá pechar acordos de colaboración entre a Asociación Diversidades, e diferentes organizacións romanesas, públicas e privadas, ás que pertencen os profesionais desprazados a Vigo durante este quince días.