Comezan os traballos de coordinación entre Tui e Vigo
Category : Protección Internacional

Tui, 13 outubro 2020
Coa intención de mellorar a integración dos itinerarios de inclusión social das persoas solicitantes de protección internacional e de participación plena na vida da nosa sociedade, os equipos de traballo da Asociación Diversidades das nosas sedes de Tui e Vigo mantivemos unha reunión de traballo. O punto forte da sesión foi a posta en común das liñas programáticas desenvoltas en cada localidade, os principais logros acadados ata o presente e as perspectivas de futuro inmediato.
Ademais, tivemos a ocasión de xantar xuntos, para reforzar as interaccións persoais e crear o clima de confianza que nos permita seguir avanzando de cara a unha sociedade máis inclusiva e diversa.
