Nova quenda do Curso de Introducción á Sociedade de Acollida

Nova quenda do Curso de Introducción á Sociedade de Acollida

Vigo, 14/03/2018

O vindeiro 2 de abril e ata o 15 de xuño, celébrase unha nova quenda do Curso de Introducción á Sociedade de Acollida, pensado para facilitar o arraigo na nosa sociedade, o perfeccionamiento do coñecemento da lingua española e a posibilidade de preparar os exames de acceso á nacionalidade.


O Director Xeral de Inclusión visita Diversidades Acolle

Vigo, 26 de xaneiro 2018

O Director Xeral de Inclusión, Arturo Parrado, visita os proxectos de Inclusión Social da Asociación Diversidades Acolle

Arturo Parrado, Director Xeral de Inclusión Social

O Director Xeral de Inclusión Social da Consellería de Política Social , Arturo Parrado, acompañado polo Delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves e pola Xefa Territorial, Marta Iglesias Bueno, achegáronse esta mañá á sede Diversidades Acolle para interesarse polos proxectos da nosa Asociación, especialmente por aqueles que son financiados directamente a través da Orde de Inclusión Social. Puideron coñecer e saudar persoalmente aos participantes no proxecto BROS, ao alumnos do curso de Introdución á Sociedade de Acollida, así como comprobar de primeira man os resultados de inserción laboral e de regularización administrativa dos participantes nos itinerarios individualizados en nas accións de mediación.

No encontro estiveron presentes unha representación do voluntariado da Asociación e tamén a maior parte dos profesionais que integramos o equipo técnico, escusando a súa asistencia a nosa presidenta, Amparo Ramilo, por motivos laborais.

“Read More”

Fin de Curso Sociedade de Acollida 2016

Novo curso Introdución á Sociedade de Acollida

O vindeiro luns, 8 de xaneiro, en horario de 10:30 a 13:00 da mañá, de luns a venres, iniciamos de novo curso de INTRODUCIÓN Á SOCIEDADE DE ACOLLIDA.

Buscas arraigo na nosa sociedade de precisas unha formación que demostre os teus coñecementos? Preparas o acceso á nacionalidade española e queres perfeccionar as túas competencias en lingua e os teus coñecementos constitucionais da sociedade española? Esta é a túa oportunidade!!!

 

Datas:                                      8 de xaneiro – 23 de marzo de 2018

Horario:                                10:00 – 13:00 de luns a venres

Lugar de realización: Parroquia Sagrado Corazón de Xesús

R/ Rosalía de Castro 56, baixo (36201) Vigo

Esta acción formativa, financiada polo Fondo Social Europeo e a Consellería de Política Social, realizada en colaboración coa Parroquia do Sagrado Corazón de Xesús de Vigo, ten a dobre misión de ofrecer unha formación básica sobre a lingua española e sobre as normas, valores e usos culturais da  sociedade de Vigo, Galicia e España.