Día Internacional contra a Trata

Contra a trata de persoas

Día Internacional contra a Trata

Red Acoge

No Día Internacional contra a trata de persoas desde Red Acoge condenamos enerxicamente a explotación con fins de lucro que sofren millóns de persoas en todo o mundo e que constitúe un delito e unha grave ameaza para a dignidade e a integridade física das persoas. Denunciamos a persistencia e aumento desta grave vulneración de dereitos e a indefensión na que se atopan as vítimas.

Homes, mulleres, nenos e nenas poden ser obxecto de trata para fins moi diversos, como a explotación sexual e o traballo forzado. Tamén se detectou no Estado español vítimas de trata captadas con obxecto de exercer a mendicidade someterse a matrimonios forzados ou traballar para a industria da pornografía. A discriminación e a vulneración dos dereitos humanos son causa e efecto deste grave delito.

As persoas vítimas de trata permanecen ocultas e atemorizadas durante anos, sometidas a explotación de todo tipo, entre elas laboral e sexual por medo e falta de resposta dos poderes públicos en canto á protección e garantía dos seus dereitos. 

Os esforzos en perseguir este delito ven a miúdo invalidados cando os países restrinxen as vías legais e seguras de entrada ao seu territorio, o que provoca que as vítimas non poidan escapar dos seus captadores, que ademais se benefician de políticas migratorias “fortaleza” para ocultar as súas prácticas.

No caso do Estado español preocúpanos especialmente:

  • O sistemático incumprimento do principio de non devolución que impide identificar a vítimas de trata e expulsalas sen que se lles ofreza a protección á que teñen dereito.
  • Que o dereito de asilo non sexa nun mecanismo de defensa para as vítimas de trata. Unha vítima de trata ten dereito a recibir protección internacional (asilo ou protección subsidiaria) se existe risco de persecución ou danos graves no caso de que volva ao país de orixe.
  • A falta de recursos suficientes para atender ás vítimas, e que existan mecanismos de protección axeitados para  aquelas que non se atreven a denunciar, ou cuxa denuncia non consegue deter explotadores, que as deixa dobremente desprotexidas e sen opcións para renovar as súas vidas.
  • A ausencia dunha lei que contemple as diferentes modalidades de explotación existentes provocando que as vítimas de trata en xeral non conten cunha verdadeira protección, limitándose no caso das extracomunitarias á obtención da documentación de residencia.
  • A tendencia por parte das autoridades a desincentivar a aquelas vítimas de trata a que soliciten o acceso a protección internacional cando deberían ser documentadas como refuxiadas.

Ante esta grave situación de desprotección, no Día Internacional contra a trata de persoas lembramos aos poderes públicos españois que teñen a obrigación de protexer e apoiar ás vítimas de trata e dar unha resposta eficaz a través da xustiza penal que poña fin á impunidade dos traficantes, para o que esiximos:

  • Unha lei integral contra a trata e un plan de loita contra a explotación laboral, que contemple as diferentes modalidades de explotación existentes como instrumentos eficaces.
  • Aumentar os recursos para identificar e asistir ás vítimas, mellorar as accións do sistema xudicial, a protección de testemuñas para as vítimas e seguir mellorando a capacitación da policía para que sexan capaces de identificalas dunha maneira adecuada e eficaz.
  • Pór fin a todas as prácticas que non garantir o principio de non devolución como as devolucións sumarias e exprés en Ceuta e Melilla.

Lembramos que o Estado español ten a obriga de respectar, protexer e garantir os dereitos das vítimas de trata prestando asistencia humanitaria, xurídica e financeira e de intensificar a cooperación internacional para combater e poñer fin a este grave delito.