Conecta Cultura

Conecta-Cultura

Desde Diversidades sentimos a necesidade de abordar a pluriculturalidade da nosa sociedade en xeral e nos nosos centros educativos en particular para facer desta un aspecto enriquecedor e fomentando a celebración de puntos en común, favorecendo a plena inclusión dos nosos alumnos. En diferentes institucións educativas nas que colaboramos puidéronse identificar condutas negativas por parte do alumnado desde e cara a grupos étnicos minoritarios, cuestión que resulta preocupante por parte dos directivos e claustro. Na nosa comunidade actualmente non hai ningún programa que fomente a convivencia  intercultural, así como a maioría de docentes  non están dotados de ferramentas nesta área.

Hoxe en calquera centro educativo a preocupación dos docentes arredor de como abordar de forma construtiva o tema da multiculturalidade é evidente, como tamén é evidente que moitos docentes non contan coa formación necesaria para tratar esta temática que cada vez é mais latente.

Por iso nace Conecta Cultura, un proxecto de desenvolvemento intercultural,  con propostas educativas específicas para alumnos e profesores, dotándoos de ferramentas prácticas e didácticas para fomentar a interculturalidade, favorecer a aceptación da diversidade social  mediante unha serie de actividades educativas e de sensibilización social  para facer das nosas escolas máis interculturais e inclusivas.

Presentación

Obxectivos

Actividades para o profesorado

Actividades para o alumnado

Actividades para o resto da comunidade educativa