Actividades para a alumnado

conecta-culturaFormar ao alumnado na comprensión da diversidade cultural da sociedade actual e na adquisición de coñecementos, actitudes e habilidades en diversas culturas que lle permitan e favorezan a súa interacción con persoas e grupos doutras culturas que con el conviven.

 

Desenvolver unidades didácticas enfocadas á diversidade cultural e a aceptación das diferenzas individuais.

Unidade 1: DIFERENZAS INDIVIDUAIS. Propón ao alumnado a reflexión sobre os cambios físicos  polos que atravesa a persoa, con independencia das súas características físicas, culturais ou sociais.

Unidade 2: A MIÑA FAMILIA É… Os alumnos e as alumnas tratarán de reflectir aspectos cos que caracterizan ás súas familias. Con iso, preténdese que o alumnado coñeza os hábitos de familias formadas en contextos culturais diferentes ao seu, co fin de valorar que unha mesma estrutura pode presentar manifestacións diferentes.

Unidade 3: INTEGRA2. Esta unidade pretende, facilitar algúns instrumentos que favorezan a integración no grupo, adquirir habilidades comunicativas.

Unidade 4: VIVO CON / CONVIVO. Exponse a necesidade que teñen os seres humanos de convivir e colaborar entre eles para desenvolverse como persoas no seo dunha sociedade. A convivencia a través da análise de películas.

Unidade 5: ESTAMOS DE ACORDO? O obxectivo desta unidade é fomentar o debate sobre cuestións específicas, así como a posibilidade de favorecer o achegamento desde posicións diferentes tales como comunicación interpersoal, diversidade de opinións.

Unidade 6: HUMANOS CON DEREITOS. Esta unidade ten como finalidade que o alumnado sexa consciente de que todo cidadán do mundo ten dereitos que non poden ser esquecidos nin menoscabados por ninguén, con independencia da súa orixe.

Unidade 7: RITMOS E TAMBORES. Os alumnos e as alumnas reflexionarán sobre as achegas da arte á convivencia pacífica. Apreciar a música como ben cultural e de concordancia entre os pobos, por ser unha linguaxe universal entre as persoas.

Unidade 8: REFUXIADOS OU Á INTEMPERIE?. Esta unidade pretende achegar ao alumnado a unha realidade afastada na distancia na súa orixe, pero que lle pode afectar, pola incorporación á nosa sociedade de persoas ou familias completas que deixaron o seu país como consecuencia dun conflito armado ou por cuestións políticas.

Unidade 9: QUE FARÍAS? Dilemas morais e toma de decisión.