Actividades dirixidas ao profesorado

conecta-cultura·         Talleres que consoliden nas docentes actitudes de aceptación da diversidade.

·         Preparación do profesorado, en competencias comunicativas, resolución de conflitos específicos relacionados coa nova situación multicultural na aula.

·         Familiarizarse coas actitudes, coñecementos e destrezas necesarias para comprender distintas perspectivas culturais e adquirir estratexias de orientación culturalmente apropiadas.

·         Adestramento en habilidades psicosociais para a educación intercultural.

·         Identificar e analizar as “crenzas sociais” (prexuízos, estereotipos, temores presentes na comunidade educativa) que poden xerar actitudes, discursos e/ou prácticas discriminatorias, e que, á súa vez, poidan xerar ou estean a xerar conflitos manifestos ou latentes.

·         Proporcionar ao profesorado materiais e ferramentas didácticas orientadas a fomentar a educación en valores, a igualdade de oportunidades e a loita contra a discriminación desde a sensibilización no ámbito educativo.

·         Facilitar ao centro docente instrumentos para o desenvolvemento da educación intercultural.

·         Analizar a organización e o funcionamento do centro desde unha perspectiva intercultural.