Obxectivos

conecta-culturaObxectivo Xeral

 ·         Ofrecer un marco de reflexión e acción que dote a profesores e alumnos de ferramentas didácticas para a abordaxe positiva da multiculturalidade existente en cada centro para así convertela en interculturalidade.

Obxectivos Específicos

·         Sensibilizar e interiorizar valores que fomenten a convivencia harmónica dentro dun marco multicultural.

·         Realizar accións formativas especificas a profesores e traballadores do centro en materia de interculturalidade, minorías étnicas e resolución de conflitos.

·         Concienciar sobre a discriminación e o racismo na nosa sociedade actual.

·         Desenvolver talleres de sensibilización sobre a diversidade cultural e a aceptación das diferenzas individuais.

·         Fomentar os valores da convivencia para a construción de relacións sociais significativas e estables.