Educación


Para que exista cohesión social no presente, e resulte estable de face ao futuro, é necesario actuar no ámbito educativo. A nosa especialidade é a intervención en contextos de diversidade cultural e de risco de exclusión social con intervención co conxunto da comunidade educativa:

  • Alumnado.
  • Familias (nais, pais, titores legais, outros membros da unidade familiar relevantes na educación dos menores).
  • Profesorado.
  • Recursos comunitarios.

Para iso, realizamos diferentes accións, comezando pola detección de necesidades e de capacidades das partes implicadas:

  • Accións de diagnóstico socioeducativo.
  • Accións de mediación: mediación intercultural, mediación familiar, mediación en conflitos escolares.
  • Accións de recoñecemento e dignificación cultural.
  • Accións encamiñadas á mellora de relacións familia – escola.
  • Accións de capacitación do profesorado para a intervención escolar en contextos interculturais.
  • Accións de elevación do nivel de expectativas do alumnado e a familia.
  • Accións relacionadas co logro de éxito escolar.