O teu reforzo positivo
Metodoloxía
Plan de Acollida e integración social: dirixido a todos os nenos e nenas estranxeiros que están escolarizados nos centros educativos españois e que proveñen de sistemas educativos distintos, así como ás súas familias, contando coas AMPAS como elemento determinante e de gran importancia para a educación de todo o alumnado.
Apoio escolar e integración lingüística: encamiñados a todos aqueles alumnos/as cuxa lingua materna non sexa o español e a aqueles alumnos/ as que provenientes doutros sistemas educativos, e en moitos casos cunha escolarización moi irregular, necesitan este tipo de reforzos.
Educación intercultural: a riqueza da diversidade cultural debe ser aproveitada para que todo o alumnado coñeza a existencia doutras culturas e outros modos de facer ou pensar, así como a atención que debemos prestar á diversidade, polo que a educación intercultural vai dirixida a todo o alumnado e a comunidade educativa.
Obxectivos
- Contribuír á mellora do rendemento escolar do alumnado inmigrante que participa no proxecto.
- Acadar éxito educativo no fin da escolarización obrigatoria.
- Implicar á comunidade educativa na realización de accións que melloren a convivencia nas aulas e na contorna social e veciñal, a través da promoción da interculturalidade.
- Promover a integración socioeducativa e de lecer e tempo libre.
Criterios de selección
- Alumnado inmigrante.
- Terán maior prioridade as familias que leven menos tempo en Galicia.
- Prioridade para fillos/as de mulleres soas con cargas familiares
- Prioridade para alumnado procedente de países de fala non hispana.
- Alumnado procedente de familias solicitantes de protección internacional que non estean incorporadas ao sistema residencial de refuxio e asilo.
- Alumnado de procedencia inmigrante con nacionalidade española.
- Alumnado español de nacemento procedente de familias inmigrantes nacionalizadas ou de familias mixtas (nacional español e non nacional).
Consulta a información sobre o proxecto B-Team en 2021; coa colaboración da Deputación de Pontevedra: