Que facemos?

O noso traballo enmarcase nos ámbitos da igualdade, educación, inclusión e diversidade cultural. Levamos a cabo accións que melloren a cohesión social , atendendo especialmente a persoas en risco de exclusión social.

Para nós o momento da acollida é fundamental: a aceptación incondicional da persoa permite crear un clima distendido e afable que garante un adecuado vínculo relacional, que asegura o éxito da intervención e/ou acompañamento.

ACOLLIDA DE PERSOAS INMIGRANTES

Diversidades leva dende 2014 especialmente implicada na mediación e no apoio das persoas recén chegadas ao noso país, co obxectivo de mellorar a súa inclusión social.

Contamos cun Plan de Acollida para estas persoas, tratando de ofrecer ferramentas para mellorar a súa situación na nosa sociedade.

Asesoramos, acompañamos e mediamos nos contextos educativos, sanitarios, en trámites administrativo-legais e contextos sociais como a busca de vivenda e emprego.

Complementamos o noso traballo individualizado con cursos de formación en Coñecementos da Sociedade de Acollida, para que adquiran un manexo e unha fluidez en lingua española que lles permita relacionarse con normalidade, e os aspectos importantes da nosa sociedade en temas de cultura, política, costumes…

INCLUSIÓN

Os nosos proxectos teñen unha mesma liña transversal, baseada na inclusión e na igualdade, aínda que realizamos accións específicas que teñen como foco principal a inclusión das persoas máis vulnerables. Entre algunhas destas accións destacamos:

O Curso de Español para Mulleres Inmigrantes, co obxectivo de que adquiran unha competencia lingüística que lles permita desenvolverse na vida cotiá con facilidade, e crear un espazo de acollida no que se empoderen e se sintan acompañadas nese proceso.

O curso de Competencias Clave Nivel 2 para persoas desempregadas de longa duración e que teñen unha baixa cualificación que lles limita a súa inserción laboral.

EDUCACIÓN

Contamos cunha ampla experiencia en materia de educación, intervimos nos centros educativos tratando co alumnado, co profesorado e persoal non docente. Tamén facemos un traballo coas familias e cos recursos comunitarios. Para iso, realizamos accións como:

Mediación entre iguais: Formamos a mediadores e mediadoras nos centros educativos para mellorar as relacións na comunidade educativa facendo partícipes ao alumnado, ao profesorado, as familias e ao persoal non docente.

Proxecto de vida: Entendendo a adolescencia e a mocidade como períodos vitais no desenvolvemento humano, cremos necesario propiciar espazos de reflexión grupal e individual para a construción dun proxecto de vida que lles permita establecer obxectivos, metas e axustar expectativas.

Conecta Cultura: É unha iniciativa do Plan Proxecta da Consellería de Educación desenvolta co financiamento da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Conecta Cultura nace como un proxecto de desenvolvemento intercultural,  con propostas educativas específicas para alumnado e profesorado, dotándoos de ferramentas prácticas e didácticas para fomentar a interculturalidade, favorecer a aceptación da diversidade social  mediante unha serie de actividades educativas e de sensibilización social  e facer que as nosas escolas sexan máis interculturais e inclusivas.

Escola de Segunda Oportunidade: O Proxecto BROs é un recurso socioeducativo, de transición para xóvenes con dificultades e en risco de exclusión social, dirixido a fomentar, impulsar e apoiar a inserción formativo-laboral e a participación social mediante a súa adecuada inclusión. O obxectivo é apoiar aos mozos e mozas entre 16 e 21 anos que se atopen en situación de abandono escolar prematuro e vulnerabilidade social para que poidan permanecer nos recursos normalizados ou incorporarse a eles, dando especial relevancia á formación e o emprego como importante recurso para a socialización e condución da situación vital.

MEDIACIÓN

O Programa “Bun Venit – Mediación” plantexa dúas líneas principais, por un lado a Mediación Intercultural en tódolos ámbitos (social, educativo, legal, administrativo…), e polo outro, a Sensibilización para a integración efectiva de tódalas persoas, así como a prevención e resolución de conflitos e dificultades.

IGUALDADE

Todos os proxectos da Asociación Diversidades abordan a perspectiva de xénero como requisito para a inclusión social e para a equidade. Forman parte da nosa  misión como entidade social.

Entendemos que a transformación social máis importante do noso tempo é o cambio nos roles que as mulleres adquiren na sociedade.