Acollida

Acollida de persoas estranxeiras e persoas en risco de exclusión social


A Asociación Diversidades ten como ámbito prioritario a atención de persoas inmigrantes, así como persoas que se atopen en risco ou situación de exclusión social.

Coñecemos a realidade social destas persoas e ofrecémoslle un servizo de apoio e acompañamento en aqueles ámbitos onde son máis vulnerables,  así como ferramentas para un mellor manexo e capacidade de resolución no día a día.

Entre os servizos ofrecidos destácanse:

Servizo de valoración, orientación e información

Valoración

Información

Orientación social básica

Servizo de asesoramento técnico especializado

Asesoramento técnico profesional

Acompañamento na realización de trámites

Servizo de promoción da participación social

Servizo dirixido á adquisición de habilidades lingüísticas e ao coñecemento dos costumes, funcionamento e valores da sociedade de acollida.

Servizo de sensibilización e prevención da exclusión social

Servizo dirixido a provocar un cambio de actitudes individuais e colectivas mediante o traballo sobre as ideas, percepcións, estereotipos e conceptos para evitar ou reverter actitudes discriminatorias ou intolerantes.