PROXECTO BRO´s
O Proxecto BRO´s é un recurso socioeducativo, de transición, para xovenes con dificultades e risco de exclusión social, dirixido a fomentar, impulsar e apoiar á inserción formativo-laboral e á participación social, mediante a súa adecuada inclusión.
O obxectivo é apoiar aos xovenes entre 16 e 21 anos que se atopan en situación de abandono escolar prematuro e vulnerabilidade social, para que poidan permanecer nos recursos normalizados ou incorporarse a eles, dando especial relevancia á formación e o emprego como importante recurso para a socialización, fomento da autonomía e recondución da situación vital.
BRO´s propón itinerarios educativos e formativos singulares, individualizados, abordaxes adaptadas en escenarios mixtos que integran formación e inserción laboral. A clave da intervención céntrase a súa vez na atención psicosocial e individualizada. Está pensado para romper a sucesión de fracasos e o sentimento de frustración, ofrecendo a cada mozo un camiño de transición cara á vida adulta, o retorno ao sistema educativo ou a entrada ao mundo laboral e por tanto á autonomía e desenvolvemento como adulto/a. Así, poden transitar entre diferentes ofertas formativas, adaptadas e flexibles, ata a unha Formación Profesionalizadora Especializada.
Un dos valores do programa é a incorporación de maneira transversal dunha orientación e dun acompañamento subxectivo, de carácter psicosocial moi personalizado e integrador. Está enfocado á construción do proxecto vital, formativo e profesional dos adolescentes e novos, desde un punto de vista educativo e de crecemento persoal. Trabállase a transición á educación posobrigatoria, e increméntase a súa empregabilidade para acceder en mellores condicións ao mercado laboral. O contar cun seguimento personalizado permite pactar os progresos do itinerario co/a nova e reconducir os obxectivos do programa no caso de que sexa necesario.
-
- Promover o retorno ao sistema educativo e o acceso á cualificación profesional.
-
- Acompañar e construír o proxecto vital de cada adolescente e novo.
- Mellorar a futura empregabilidade de adolescentes e novas.
As fases de actuación deste proxecto baséanse en:
Prevención
Formación
Inserción laboral
![]() |
![]() |
![]() |