O meu primeiro emprego

Cartel O meu primeiro Emprego - Deputación de Pontevedra

A Deputación Provincial de Pontevedra financia un proxecto de promoción do emprego destinado a asociacións sen ánimo de lucro que desenvolvan programas ou sexan titulares ou xestoras de centros ou programas de servizos sociais inscritas no rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais (RUEPSS)- Baixo o lema “O teu primeiro emprego” en organizacións non gobernamentais. A través desta subvención financiase unha parte do custo laboral total dun contrato en prácticas por un primeiro período de seis meses.

A Asociación Diversidades Acolle escolleu un proxecto de “INTEGRACIÓN EDUCATIVA E SOCIAL DO ALUMANDO INMIGRANTE”. Os seus obxectivos son:

Promover a implicación das familias na educación e no percorrido académico das súas fillas e fillos.

Contribuír á mellora do rendemento escolar do alumnado inmigrante que participa no proxecto.

Implicar á comunidade educativa en accións que melloren a convivencia nas aulas, a través da promoción da interculturalidade.

Promover a educación a través de actividades de lecer no que estean implicados os menores e as súas familias.

Cartel O meu primeiro Emprego - Deputación de Pontevedra

A través deste proxecto, preténdese reforzar as competencias profesionais da persoa participante no tocante ao traballo con menores, con familias, con contextos interculturais e la orientación vocacional e profesional para a creación de obxectivos realistas e acordes ás capacidades dos menores participantes.