Competencias Clave para Persoas Adultas

Segunda oportunidade para a educación e o emprego

Desde 2013 realizamos unha formación específica de preparación das Probas de Competencias Clave para o acceso aos Certificados de Profesionalidade.

Esta acción formativa, financiada polo Fondo Social Europeo e a Consellería de Política Social, prepara ás persoas para superar os exames oficiais de Competencias Clave da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, dando acceso aos Certificados de Profesionalidade de Nivel 2 e á correspondente formación AFD.

Impartimos as materias de:

  • Matemáticas
  • Lingua Española
  • Lingua Galega
  • Lingua Inglesa