Todos os nosos proxectos teñen como liña transversal a igualdade de xénero, cun obxectivo principal baseado no empoderamento persoal das mulleres sobre todo inmigrantes que se atopan en risco de exclusión social, pois a súa realidade está chea de desvantaxes e/ou discriminación, por ser muller, por carecer de recursos e por motivos de nacionalidade, etnia, cultura…
Principais accións en materia de igualdade
Donas da Cidade
Este proxecto levase a cabo co obxectivo de ofrecer as mulleres estranxeiras que precisan de un apoio e unha orientación en temas administrativos, sanitarios, legais (entre outros) ademais de dotalas de ferramentas para que adquiran habilidades para manexarse con maior facilidade no seu día a día. A través das actividades do proxecto preténdese lograr o empoderamento das mulleres (a mellora da súa autonomía persoal, da libre determinación da súa vida e da capacidade de levar adiante os proxectos de vida que elixan), así como a súa inserción laboral.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Obradoiro Donas da Cidade
Nace da necesidade de ofrecer ás mulleres estranxeiras, ás vítimas de violencia, mulleres vulnerables e por tanto en risco de exclusión social, a oportunidade de sentirse parte dun grupo de iguais no que poidan mellorar as súas habilidades persoais, familiares e sociais, ofrecéndolles unha serie de ferramentas para que poidan desenvolverse con maior facilidade na súa vida cotiá, abarcando tanto o ámbito familiar como educativo e laboral. Fomentando a comunicación en lingua española no grupo, incitándoas a coñecer e practicar o noso idioma de forma que isto sexa unha barreira menos no seu día a día e que conten así, cunha maior destreza á hora de realizar trámites e solucionar posibles problemas.
Obradoiro Am Drepturi
Este obradoiro foi creado dentro do proxecto Am Drepturi co obxectivo de poder ofrecerlles as mulleres destinatarias das accións un apoio especializado en orientación laboral e mellora da empregabilidade.
Perspectiva de xénero
Todos os proxectos da Asociación Diversidades abordan a perspectiva de xénero como requisito para a inclusión social e para a equidade. Forman parte da nosa misión como entidade social.
Entendemos que a transformación social máis importante do noso tempo é o cambio nos roles que as mulleres adquiren na sociedade.