Donas da cidade

Donas da cidadeEste proxecto nace da necesidade de ofrecer ás mulleres estranxeiras, ás vítimas de violencia, mulleres vulnerables e por tanto en risco de exclusión social, a oportunidade de sentirse parte dun grupo de iguais no que poidan mellorar as súas habilidades persoais, familiares e sociais:

  • ofrecéndolles unha serie de ferramentas para que poidan desenvolverse con maior facilidade na súa vida cotiá, abarcando tanto o ámbito familiar como educativo e laboral,
  • fomentando a comunicación en lingua española no grupo, incitándoas a coñecer e practicar o noso idioma de forma que isto sexa non sexa unha barreira no seu día a día e que conten así, cunha maior destreza á hora de realizar trámites e solucionar posibles problemas.

Consideramos tamén, a necesidade que ten este colectivo por comunicarse e ampliar o seu grupo de pares, pois adoitan relacionarse con aquelas persoas da súa mesma procedencia, relixión e cultura, o que as afasta aínda máis da integración e inclusión na nosa sociedade. É por isto polo que pretendemos que amplíen as redes de apoio, que sexan máis sólidas e máis estables.

Accións que se realizan…

Unha vertente centrada en facelas coñecedoras dos recursos e servizos que se ofrecen na cidade, centrada principalmente en saídas socioculturais, onde teñan a oportunidade de:

  • Coñecer parte da historia que lles rodea (mediante eventos e festas populares)
  • Dotalas de coñecementos sobre a nosa cultura (mediante exposicións, charlas)
  • Darlles a oportunidade de visitar e coñecer os recursos de primeira man (visitas a outras entidades sociais)
  • Asistir a charlas informativas de distintas empresas, fábricas, naves ou comercios.

A outra vertente centrase na realización de actividades, dinámicas e talleres que lles sirvan de axuda para afrontar as súas dificultades diarias e empoderarlas no ámbito persoal, familiar e social. As actividades van enfocadas a xerar habilidades para o aforro e ofrecer ferramentas para unha forma de consumo adecuada (control de gastos, métodos de aforro, procura de ofertas). A realización de dinámicas que reforce aspectos individuais que poden frealas no seu día a día, mellora das habilidades sociais, ampliar a súa rede de apoio, darlles a oportunidade de coñecer outras culturas, así como dar a coñecer as súas propias, fomentando a empatía entre mulleres de distinta etnia, cultura e relixión.

Financiado por…