Obradoiro Am Drepturi 2016

Co financiamento da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, e conincidindo co Curso de Formación sobre Sociedade de Acollida, na súa edición de outrono de 2016, entre os meses de setembro e novembro de 2016 terá lugar o Obradoiro Am Drepturi. Este obradoiro pretende ser a continuación do grupo internacional de mulleres que durante tres anos aprenderon xuntas, mediante unha metodoloxía de aprendizaxe colaborativa, as principais características da nosa sociedade, incluíndo nelas o exercicio activo dos dereitos das mulleres.

O colectivo ao que se dirixe o proxecto Am Drepturi é o de  mulleres inmigrantes e risco ou en situación de exclusión social. Nelas súmase a tripla desvantaxe ou discriminación por ser mulleres, por carecer de recursos e por motivos de nacionalidade. As máis delas suman a esas, unhas características étnicas e culturais que reforzan a discriminación por razón da orixe. Ademais, en numerosas ocasións concorren circunstancias de violencia de xénero ou de explotación sexual que agravan aínda máis a situación existente.

Obxectivo

Ofrecer a colectivos en situación de exclusión social ferramentas para coñecer mellor a sociedade de acollida, os seus valores e o seu marco normativo, ao tempo que se adquiren competencias de lectoescritura e de cálculo imprescindibles para a vida diaria avanzando na corresponsabilidade, na paridade de xénero e na participación de homes e mulleres na xestión diaria do fogar e na participación social comunitaria.

Datas

19 de Setembro a 25 de novembro de 2016

INFÓRMATE: Asociación Diversidades, R/García Barbón 36, 3º Oficina 1 (36201) Vigo Telf 886.117.990