Inclusión

Bun Venit (Ben Vidos! Welcome!) é a denominación xenérica dos proxectos de inclusión social da Asociación Diversidades, pensados inicialmente para a poboación romanesa residente en Galicia, especialmente para a de cultura xitana. Os romaneses xa son a segunda nacionalidade de procedencia dos estranxeiros residentes en Galicia, despois dos portugueses. As diferenzas económicas e sociais entre a súa situación de orixe e a nosa sociedade son a causa dun éxodo que non se freou coa crise e que require dunha atención especial ao cumprimento das normas básicas da cidadanía: garantía dos dereitos, cumprimento dos deberes e respecto á diversidade cultural.

Na actualidade, Ben Vidos! é a consigna para acoller ás persoas refuxiadas que acceden á nosa sociedade, e segue sendo a forma básica de aproximarnos ás persoas que chegan á nosa terra en procura dun futuro mellor.