Presentación
Bun Venit Formación para a Inclusión Social é intervención social promovida pola Asociación Diversidades e financiada pola Deputación Provincial de Pontevedra. O proxecto contribúe á formulación dun obxectivo profesional relacionado cun itinerario formativo e vincula ás persoas cos servizos de formación e emprego, establecendo unha ponte entre ambos; inclúe un curso de formación que permite superar os exames de competencias – clave, accedendo aos cursos AFD Nivel 2.
Perfil das persoas participantes
Persoas desempregadas de longa duración en situacións de risco de exclusión social e sen título de graduado de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Mozas e mozos en abandono escolar temperán.
Duración
Preparación: marzo de 2017
Formación: 1 de abril – 12 de maio de 2017
Realización das probas de Competencias Clave: Silleda, 13 de maio de 2017
Período de orientación laboral 15 de maio – 30 de xuño de 2017
Lugar de realización
Sede da Asociación Diversidades – R/García Barbón 36, 3º Oficina 1, (36201) Vigo